Nota de prensa:
SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo
5 de decembro de 2011. O recente anuncio de que a incineradora da SOGAMA do sur irá no concello d’O Irixo da man de Estela Eólica, non por agardado deixa de sorprender. Sorprende que a Xunta siga apostando pola incineración e o vertido, contrariamente ao recomendado nas directivas europeas e nas leis de residuos estatal e galega. Sorprende que a unha empresa eólica se lle adxudique “a dedo” un servizo público sen mediar concurso. Sorprende que un recurso de todos/as, os residuos urbanos, vaian ser privatizados para lucro dunha empresa. Sorprende… ou non? O que está claro é que despois de meses de indefinición, escurantismo e cálculos eleitoralistas, a Xunta insiste en continuar coa farsa da incineradora do sur: no actual contexto económico e cun horizonte de forte redución das primas eólicas, que empresa vai adiantar 230 millóns de € para que en 2014 funcione a incineradora d’O Irixo sen ter seguros os ingresos dos muíños?
O Plano de Xestión dos Residuos Urbanos de Galiza (PXRUG) 2010-2020 aprobado pola Xunta do PP aposta fundamentalmente pola incineración á que adica o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total. Porén, segundo datos do propio PXRUG, de todo o lixo que chega a SOGAMA (900.000 Tm anuais) e logo de descontar a perda de auga no proceso de secado (para o que se queiman medio millón de megawatios de gas natural ao ano), preto do 72% vai directamente a vertedoiro. Precisamente hai un par de meses a Xunta aprobou un investimento de 10,3 millóns de € para alongar o vertedoiro de SOGAMA para e seguir recibindo lixo cando menos até 2013 (ano eleitoral).
Este é o modelo que Feijóo e Hernández pretenden reproducir agora no concello d’O Irixo coa segunda incineradora. Un modelo caduco, ruinoso para os concellos e insolidario coa cidadanía que se esforza en separar para que a Xunta remate botando case todo ao vertedoiro. SOGAMA, un sistema supostamente creado para evitar a contaminación dos residuos urbanos resulta que é unha das empresas que máis contaminan en Galiza. Ela soa é a responsábel de afundir os índices de reciclaxe galegos a níveis terceiro mundistas malia aos bos resultados en separación e compostaxe de Nostián e sobre todo Lousame.
Tendo en conta que a incineradora de SOGAMA segue a consumir máis enerxía da que produce (xerou 459.867 Mw e consumiu 507.914 Mw en 2008) onde está pois o negocio? Pois nas cuotas cada vez máis caras que se cobran aos concellos polo transporte e “tratamento” (máis da metade do recollido directamente e vertedoiro); nas consultorías e contratos de servizos paralelos coas empresas vencelladas a GN-Fenosa que ademáis cobra polo gas queimado para secar o lixo e pola electricidade que xenera a planta…
Para Estela Eólica o ruinoso “negocio” de montar unha incineradora complementariase co ingresado polos parques eólicos adxudicados (186 Mw). Mais esta previsión está en risco: as primas á electricidade eólica están á baixa, mesmo perigan para os parques con máis de 1500 h de vento ao ano, isto é, todos os galegos. Nesta tesitura, que bancos van conceder os cretos necesarios (1 millón de € por Mw) para unhas instalacións cuxa rendibilidade vai ser pasado mañán moito menor do que é hoxe? Se hoxe un parque eólico galego de 30Mw ingresa anualmente uns 1,5 millóns de € en primas a partir de xaneiro de 2013 só serían 375.000 €. De onde van saír pois os 230 millóns de € que Estela Eólica hai que poñer xa enriba da mesa para que en 2014 esté rematada a SOGAMA II, do IGAPE?






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



