Nota de prensa
EN RIBADEO HAI 2.439 VECIÑOS MAIORES DE 65 ANOS, DOS QUE 545 VIVEN SÓS. ESTES DATOS APARECEN RECOLLIDOS NO ESTUDO QUE LLE ENTREGOU A RAQUEL ARIAS A COMISIÓN PRO RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE. O OBXECTIVO É XUSTIFICAR A NECESIDADE QUE TEN A VILA DE CONTAR CON ESTAS INSTALACIÓNS. SEGUNDO FERNANDO SUÁREZ A XUNTA DISPORÁ DUN MES PARA ANALIZAR O ESTUDO E DESPOIS PRONUNCIARASE.
Ribadeo, 25 de xaneiro de 2012. O 23,8% da poboación de Ribadeo ten máis de 65 anos, hai 545 maiores que viven sós e arredor de 20 personas tiveron que recurrir a centros da terceira idade noutros puntos da provincia. Éstes son algúns dos datos que recolle o estudo que a comisión pro residencia en Ribadeo lle entregou á delegada territorial da Xunta en Lugo no encontro mantido nas últimas horas. O obxectivo dese informe é xustificar a necesidade que ten a vila de contar con esas instalacións. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que sairon moderadamente satisfeitos desa xuntanza.
O rexedor sinalou que “esta primeira xuntanza coa delegada territorial da Xunta en Lugo debo enmarcala dentro dunha cortesía institucional, nun tono en un ambiente cordial. Non saímos de alí embriagados de esperanza e de ilusión, nin tampouco absolutamente desahuciados”. Barcia dixo que na comisión e no Concello “sabemos das circunstancias económicas adversas nas que se atopa a Xunta, aínda que tamén sabemos que Ribadeo, e así o temos demostrado a través dun documento que elaboramos hai un par de meses, é unha vila de tipo medio, é un dos únicos catro concellos da provincia que a día de hoxe seguen medrando en poboación. A pesares de todo isto é un concello onde os maiores de 65 anos representan o 23,8% da poboación total, algo que está por enriba da media galega”.
O estudo recolle que “hai 2.439 veciños maiores de 65 anos, dos que 545 viven sós. Aínda que desde o Concello e desde as institucións teñamos que traballar para que teñan unha vida o máis cómoda posible nas súas vivendas a través dos servizos de axuda a domicilio, a través de programas como Xantar sobre rodas, é evidente que por unha liña vital moitas destas persoas teñen que acabar as súas vidas nunha residencia”. O alcalde de Ribadeo relatou que “a día de hoxe constatamos que hai unhas 20 persoas que están en residencias fora do noso concello e bastante lonxe en lugares coma Quiroga, Monforte, Valadouro, etc, porque os medios que temos en Ribadeo, cun hospital asilo municipal rexido por unha congregación relixiosa, non cubren nin por asomo as necesidades que temos e ao mesmo tempo como cabeceira de comarca que somos reivindicamos a construcción dunha residencia”.
Fernando Suárez explicou que “para iso dirixímonos a quen ten as competencias e o diñeiro que é a Xunta de Galicia, para amosarlle a disponibilidade total e absoluta da Corporación Municipal e estou cheo de orgullo de poder dicir que imos un membro de cada grupo político, que aínda que nos poidamos tirar os trastos á cabeza en multitude de cousas, nisto estamos traballando con absoluta unidade e franqueza. Ogallá sigamos así no futuro inmediato, porque así a Xunta poderá ter menos argumentos e menos excusas para comprometerse con Ribadeo”.
O rexedor ribadense indicou que “nos pediron un tempo para estudar este documento que lle presentamos a Raquel Arias, propuxemos darlle todo o mes de febreiro e co compromiso, por parte da delegada territorial, de que na primeira semana de marzo nos recibirá a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para honestamente dicirnos si a Xunta se ve con capacidade para apoiarnos ou si simplemente decide que nos busquemos a vida doutro xeito. E agardo que esta última posibilidade non se dea”.
Suárez Barcia apuntou que “teremos que traballar para que outras administracións como a Deputación poñan o seu grao de de area, non fundamental, pero sí indispensable, e traballaremos desde o punto de vista municipal e urbanístico e en todos aqueles aspectos nos que o Concello teña algo que dicir, pero para lograr que entre Concello, Deputación e Xunta, porque ten as competencias e a responsabilidade, Ribadeo ao igual que outras vilas de tipo medio poida chegar a ter unha residencia de maiores nun tempo razonable”. O rexedor lembrou que “se está a falar dun mapa sanitario e de residencias ao longo de todo o país e hai certas voces que o cuestionan. Si Foz pode ter unha residencia con máis motivo Ribadeo por poboación, por caída de poboación doutros concellos, por medre sistemático da súa poboación… debe contar con estas instalacións. Confiamos na sensibilidade da Xunta de Galicia e desta primeira cita saíamos moderadamente satisfeitos, non triunfalistas nin pesitismas, senón cunha sensación moderadamente positiva”.
Da comisión pro residencia da terceira idade en Ribadeo forman parte un representante de cada un dos grupos políticos con representación na Corporación Municipal: BNG, PP, PSOE e UPRI, e un representante da plataforma veciñal que aglutina a varios colectivos da vila.
ÍNDICE: 1. INTRODUCIÓN. 2. DATOS DE POBOACIÓN. 3. DATOS COMARCAIS. 4. A TERCEIRA IDADE HOXE EN DÍA. 5. RECURSOS PARA A TERCEIRA IDADE NO CONCELLO DE RIBADEO. 6. NECESIDADE DUNHA RESIDENCIA PÚBLICA PARA A TERCEIRA IDADE. 7. RESUMO DE DATOS E CONCLUSIÓNS.
Page 2 |
2 1. INTRODUCIÓN: Como sucede na práctica totalidade dos países desenvolvidos, o envellecemento progresivo da poboación está a ter unha forte incidencia en Galicia, e por ende, tamén na nosa localidade de Ribadeo. As causas deste envellecemento poboacional son fundamentalmente, a redución progresiva da natalidade (no momento actual por debaixo do recambio xeneracional), o incremento da esperanza de vida e as melloras socioeconómica e sanitarias. Este proceso unido ás maiores taxas de supervivencia das persoas afectadas por alteracións conxénitas e enfermedades crónicas en xeral e á crecente incidencia de accidentabilidade contribúen a aumentar considerablemente o número de persoas en situación de dependencia no noso país. Nalgúns estudos estímase que polo menos o 1% da población anciá está inmobilizada, o 6% padece severas limitacións nas actividades básicas da vida diaria e preto dun 10% máis presenta unha incapacidade moderada, disparándose as cifras por riba dos 80 anos. Igualmente podemos constatar a clara correlación que existe entre a idade e as situacións de discapacidade, como mostra o feito de que máis do 30% das persoas maiores de 65 anos teñan algún tipo de discapacidade, mentres que esta porcentaxe se reduce a un 5% para o resto da poboación. Outro dos factores a ter en conta é o incremento da idade dentro do propio colectivo de maiores, o que se denomina a “cuarta idade” que se refire a poboación maior de 80 anos. Esta tendencia do “envellecemento do envellecemento” continuará nos vindeiros anos tendo importantes repercusións, dada a previsible asociación entre o aumento da esperanza de vida e da incidencia real de discapacidade. Este aumento previsible da dependencia avanza unido ó debilitamento da capacidade de atención polas
Page 3 |
3 redes de soporte familiar, que ata a data segue a ser o principal proveedor de coidados, como consecuencia dos cambios socio-demográficos, o acceso xeneralizado da muller ao mundo laboral e os cambios na estrutura familiar. Estes factores están a orixinar un forte descenso do número de coidadores potenciais, feito de gran transcendencia para a reformulación dos servizos e prestacións sociais existentes. Outra realidade que se debe ter en conta é a ampla dispersión xeográfica da poboación e o agrupamento en pequenos núcleos rurais, onde a poboación vai envellecendo, consecuencia da migración da población máis nova, co deterioro do contorno socioeconómico que agrava o problema de achegar os recursos ó cidadán. 2. DATOS DE POBOACIÓN: Facendo unha extrapolación desta realidade á poboación de Ribadeo e segundo os datos de población do Concello (INE/ 2010) atopámonos coa seguinte realidade: O Concello de Ribadeo ten unha poboación total de 9.988 habitantes, según o INE. Segundo datos extraídos do Padrón Municipal, a 25 de outubro do 2011, conta con 10228 habitantes. A capitalidade do municipio acolle o 66.4% da población (6795 habitantes), residindo o outro 33.6% (3433 habitantes) na zona rural. Ten gran importancia este primeiro dato xa que se o comparamos cos de 1996, a 31 de decembro, reflectía as seguintes cifras: poboación total, 8804; residentes na vila, 4842 ( 54%); residentes no rural, 3962 (46%).
Page 4 |
4 TOTAL VILA % VILA RURAL % RURAL 2011 10228 6795 66% 3433 34% 1996 8804 4842 54% 3962 46% 0 2000 4000 6000 8000 10000 12000 2011 1996 TOTAL VILA RURAL Desde unha perspectiva histórica, podemos distinguir na evolución demográfica de Ribadeo durante o presente século varios períodos. De 1887 a 1910 hai un considerable aumento da poboación, grazas a un considerable incremento vexetativo e á débil emigración. Entre 1910 e 1920 dáse unha caída no número de habitantes, debido a un menor crecemento principalmente polo aumento da emigración. Nas duas décadas seguintes asistimos a unha forte recuperación poboacional, alcanzándose en 1940 o maior número de habitantes do pasado século. Polo contra, de 1940 a 1970, por mor da forte emigración hai unha gran perda de poboación, chegando en 1970 a ter menos habitantes que en 1900. Por último desde 1970 en adiante asistimos a unha recuperación demográfica polo freo da emigración. Xa no presente século, Ribadeo é dos únicos catro municipios da provincia de Lugo que incrementan o seu padrón nos últimos anos. Neste caso, pasou a ter 1424 habitantes censados máis, de 1996 a 2010 (un incremento do 13,9%) sendo o terceiro da provincia que máis medrou, despois de Burela e de Lugo capital.
Page 5 |
5 Segundo podemos observar na pirámide de poboación é considerable o grao de envellecemento da poboación. O 23,8 % ten máis de 65 anos. Homes Mulleres % homes %mulleres 0-4 222 200 2,22 2,00 05-09 196 198 1,96 1,98 10-14 174 173 1,74 1,73 15-19 168 175 1,68 1,75 20-24 242 204 2,42 2,04 25-29 311 329 3,11 3,29 30-34 384 402 3,84 4,02 35-39 406 410 4,06 4,10 40-44 371 390 3,71 3,90 45-49 394 381 3,94 3,81 50-54 370 348 3,70 3,48 55-59 288 300 2,88 3,00 60-64 273 279 2,73 2,79 65-69 232 317 2,32 3,17 70-74 209 287 2,09 2,87 75-79 224 316 2,24 3,16 80-84 171 261 1,71 2,61 85 y más 117 266 1,17 2,66 Total 4752 5236 47,57 52,42
Page 6 |
6 -6 -4 -2 0 2 4 6 0-4 10-14 20-24 30-34 40-44 50-54 60-64 70-74 80-84 %mulleres % homes De todo isto despréndese a importancia que a poboación da terceira idade debe ter, e ten, para este Concello e para os Servizos Sociais en particular. A atención social ás necesidades e demandas das persoas maiores debe ser o obxectivo das políticas sociais que desexen garantir o benestar e a calidade de vida , non só das persoas maiores senón da sociedade no seu conxunto. Unha población maior ben atendida , que conte cos recursos axeitados de cobertura das súas necesidades, é indicativo dunha sociedade solidaria e inclusiva. A implicación dos poderes públicos por unha maior cohesión social faise notar non só en que non haxa diferenzas no tratos aos distintos sectores de población, senón en que dea desposta ás necesidades específicas de cada un deles.
Page 7 |
7 Na comunidade autónoma galega o colectivo conformado polas persoas de 65 anos en adiante representa preto do 22% do total da poboación. No Concello de Ribadeo esta porcentaxe chega ao 23,8 %. Galicia; 22% Ribadeo; 23,80% 21% 22% 22% 23% 23% 24% 24% 1 Porcentaxes Maiores 65 anos Este dato decisivo, implica, necesariamente, que o deseño e implementación de medidas destinadas á intervención social con persoas maiores e ao logro do seu benestar e calidade de vida, ademais de ser unha condición indispensable para a consecución dun alto grao de benestar social xeral, ten que supoñer tamén unha prioridade fundamental na estratexia de intervención e actuación das administracións. Neste sentido a Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, no seu preambulo di “…os poderes públicos non son observadores neutrais nin se limitan a paliar as consecuencias das situacións inicuas que afecten á cidadanía, especialmente as que o fan de maneira selectiva e continuada no tempo. Ben ao contrario,os poderes públicos están obrigados a actuar positivamente a favor das e dos que quedan ou están en risco de quedaren á marxe da sociedade e a crear as condicións para que todas as persoas gocen dunha real igualdade de oportunidades…”
Page 8 |
8 3. DATOS COMARCAIS: Neste apartado reflíctese a situación doutros concellos da nosa contorna que veñen a evidenciar a necesidade dunha residencia pública no concello de Ribadeo. Eliximos como concellos da comarca que serían potenciais usuarios dunha residencia pública en Ribadeo, aos concellos da Mariña Oriental e ao concello de Lourenzá pola proximidade xeográfica e as súas características. A población total ascende a 19.828 habitantes, que representan un 48,1% ( 9.547) homes fronte a un 51,9% de mulleres (10.281). Total poboacional (columna esquerda “varóns” e columna dereita “mulleres”) : Total 0 -1536 -1223 -1370 -4752 -666 0 1667 1283 1415 5236 680 -6000 -4000 -2000 0 2000 4000 6000 Total Total 0 -1536 -1223 -1370 -4752 -666 0 1667 1283 1415 5236 680 Varon es 27005- 27027- 27048- 27051- 27061- Mujer es 27005-27027- 27048- 27051- 27061- Total habitantes comarca: 19.828 Desta población total (19.828) hai 5.614 persoas que superan os 65 anos, é decir, 3.299 (58,7%) mulleres e 2.315 (41,2%) homes. En total veñen a supor un 28,3% da población. Se ben, no apartado anterior sinalabamos que a media de maiores no concello de Ribadeo (23,80%) era superior á da Comunidade Galega (22%), atopámonos que no conxunto deste núcleo poboacional elixido para o estudo ese grao de envellecemento dispárase ate alcanzar o 28,3%.
Page 9 |
9 Táboa cos maiores de 65 anos distribuído por concellos e sexos: 65-69 70-74 75-79 80-84 85 y más Varones 27005-Barreiros -101 -97 -98 -67 -47 27027-Lourenzá -79 -82 -82 -59 -46 27048-Pontenova (A) -74 -74 -92 -90 -76 27051-Ribadeo -232 -209 -224 -171 -117 27061-Trabada -45 -39 -52 -32 -30 Mujeres 27005-Barreiros 124 120 132 107 129 27027-Lourenzá 79 82 110 79 88 27048-Pontenova (A) 90 120 122 105 102 27051-Ribadeo 317 287 316 261 266 27061-Trabada 44 51 75 52 41 Fonte: Instituto Nacional de Estadística Gráfico: Maiores de 65 anos nos 5 concellos. Á esquerda os varóns e á dereita as mulleres -300 -200 -100 0 100 200 300 400 65-69 70-74 75-79 80-84 85 y más 27061-Trabada 27051-Ribadeo 27048-Pontenova (A) 27027-Lourenzá 27005-Barreiros Mujeres 27061-Trabada 27051-Ribadeo 27048-Pontenova (A) 27027-Lourenzá 27005-Barreiros Varones Desa poboación de maiores de 65 anos podemos apreciar a existencia de 1.965 habitantes que superan os 80 anos. O fenómeno chamado “o envellecemento do envellecemento” alcanza ao 35% dos maiores da comarca que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade. Cabe mencionar como non só continúa senón que se incrementa o fenómeno da feminización. Se a diferencia entre homes e mulleres a partir dos 65 anos é
Page 10 |
10 de 17,5 puntos porcentuais ( 58,7% de mulleres e 41,2% de homes). A partir dos 80 anos esta porcentaxe aumenta ata alcanzar o 25,1% (62,5 % mulleres e 37,4% homes). Como dato curioso cómpre dicir que as persoas maiores de 80 anos na comarca estudiada son nun 62,5% mulleres fronte a un 37,4 % de homes. 4. A TERCEIRA IDADE HOXE EN DÍA: Debido á situación actual da poboación galega en xeral e da ribadense en particular, a atención á terceira idade tense convertido nunha necesidade tanto desde o punto de vista institucional, como desde o privado. Os principais factores desencadeantes desta situación foron: O envellecemento progresivo da poboación e o aumento da esperanza de vida que provocaron a aparición dun colectivo numeroso de persoas cunhas necesidades específicas. A aparición dun fenómeno denominado “envellecemento do envellecemento” , é dicir, o aumento do colectivo de población de maior idade (máis de 80 anos). Cambios nas estruturas familiares tradicionais: Unha realidade relativamente recente pero evidente e de gran repercusión social, tradúcese na aparición de novos modelos familiares máis vulnerables ás oscilacións e á precariedade do mercado de traballo e necesitados de servizos públicos de calidade que garantan a socialización e vida dos seus membros. Hai que suliñar como feitos relevantes, a incorporación das mulleres ao mercado laboral e o aumento de familias monoparentais. A masiva incorporación nas últimas décadas das mulleres ao mercado laboral, ocasiona unha mudanza nas estruturas familiares e na
Page 11 |
11 forma de organizarse. Aínda así, é innegábel que tal proceso de incorporación está lonxe da súa consolidación, como consecuencia da crise na que estamos inmersos co aumento e mantemento de altas taxas de desemprego, a crecente precariedade, … que, se ben afectan ao país, no seu conxunto, inciden de forma máis virulenta sobre a súa poboación feminina. O conseguinte incremento do número de persoas dependentes, xunto coa insuficiencia de recursos de carácter asistencial, conlevan un importante atranco para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en xeral, e que incide de modo especialmente grave na situación laboral destas últimas. No primeiro trimestre do ano 2011 a porcentaxe de mulleres en situación activa (é dicir, traballando ou buscando emprego) é do 49,19 %, fronte ao 61,65% de homes activos. Media entre ambos xéneros unha diferenza de 12,46 puntos, en canto ao grao de actividade, fronte aos 23,9 % puntos que se situaba no ano 96. Podemos contemplar,polo tanto, como na última década a taxa de actividade feminina ascendeu máis de 12 puntos porcentuais, pasando do 35% no 1996 até o 48% no ano 2010. Este vai ser un factor que vai afectar moi decisivamente as familias e a súa organización. Hai que ter en conta, á hora de analizar os datos da incorporación das mulleres ao mercado laboral, que a partir do 1º trimestre do 2001, os datos reflicten unha nova definición de paro, e, polo tanto, os valores activos, inactivos e parados non son directamente comparables. De todos os xeitos, consideramos que os datos son o suficientemente representativos dun cambio no mercado laboral. Taxas de actividade laboral por sexo en Galicia Anos Total – Taxa de actividade Homes Mulleres 2010 54,43% 61,47% 48% 2009 54,79% 62,14% 48,07% 2008 55,44% 63,31% 48,23% 1996 46% 58,9% 35% Fonte: Instituto de la Mujer. Elaboración propia a partir dos datos da EPA.
Page 12 |
12 A incorporación das mulleres ao mercado do traballo remunerado no Concello de Ribadeo, sitúase no presente mes (outubro) cun total de 3084 persoas ocupadas ( persoas que desenvolven un traballo remunerado), das cales 1548 ( 50,1%) son homes e 1536 mulleres ( 49,8%). E este acceso das mulleres ao emprego ven parello dunha maior demanda de servizos de proximidade e recursos para poder conciliar a vida laboral e familiar. Por outra banda, os cambios sociais, os novos modelos de familia, os divorcios e separacións, deron lugar a un notable incremento de mulleres responsables, en exclusiva, de núcleos familiares, que asumen o mantemento e a educación das súas fillas e fillos, así como o coidado de persoas maiores, enfermas ou con discapacidade, colocándoas a elas mesmas e as súas familias en situación de desvantaxe laboral, económica, social e emocional. As cifras que manexa o Instituto da Muller indican que ao rematar o ano 2010 había 558.300 familias formadas por un só proxenitor e unha/un ou máis fillas/os menores de 18 anos. No 2009 eran 533.800 , en 2008 contabilizábanse 451.500, en 2007 había 421.400 e no ano 2006, 393.300 unións dese tipo. Como pode verse, segundo se retrocede no tempo, van diminuindo, até chegar a 2002 ( a primeira referencia da estatística oficial) que cuantifica en 303.200 as familias monoparentais, case a metade das actuais. No 86% das familias monoparentais, a muller é a persoa de referencia, unha proporción que disminuíu lixeiramente nos últimos anos (no 2002 eran o 90%) o que evidencia a minoritaria implicación dos varóns no coidado das crianzas, datos extrapolables para o coidado das persoas maiores. Podemos afirmar, á luz dos datos, que o crecemento da monoparentalidade/ monomarentalidade, caracteriza a morfoloxía española desde a década dos noventa e denota a crecente diversidade familiar. As familias monoparentais rompen os esquemas familiares tradicionais, pero absorben todas as consecuencias que isto comporta: pobreza, dificultades de conciliación de tempos personais, familiares e laborais, problemas de estrés, de saúde, de sobreocupación, de discriminación, de exclusión, de invisibilización de familias,… As familias
Page 13 |
13 monoparentais permiten que se estea comezando a recoñecer o traballo non remunerado (doméstico), que se dea importancia á conciliación dos diferentes tempos personais e o feito de ter coidado das persoas dependentes. Poñen en evidencia situacións que xa existían -e eran precarias- na biparentalidade, pero que na monoparentalidade fanse moito máis graves e patentes. Estas cuestións conforman unha nova realidade da poboación maior que conleva problemas de dependencia nas últimas etapas da vida para un colectivo de persoas cada vez máis amplo. Igualmente podemos constatar a clara correlación que existe entre a idade e as situacións de discapacidade, como mostra o feito de que máis do 30% das persoas maiores de 65 anos teñan algún tipo de discapacidade, mentres que esta porcentaxe se reduce a un 5% para o resto da poboación. Cómpre destacar tamén cambios sociodemográficos e socioeconómicos caracterizados, esencialmente, por unha intensificación dos índices de envellecemento poboacional no noso concello coas conseguintes repercusións nos niveis de incidencia de enfermedades asociadas á vellez, como o alzheimer e outras demencias dexenerativas. Neste senso debemos sinalar a profunda transformación experimentada nas estruturas familiares, e dentro delas as derivadas da incorporación progresiva da muller ao mercado laboral, o que implicou en moitos casos o abandono do campo e o traslado á vila, o cal unido a unhas maiores expectativas de vida e a unha vida máis saudable, repercutiron determinantemente tanto nunha maior incidencia de situacións de persoas maiores que viven soas como nunha maior demanda de equipamentos e recursos destinados á atención a este colectivo. Estes factores (lonxevidade e cronificación de moitas patoloxías), que hai uns anos acababan coa vida do paciente, e os cambios no ritmo e estilo de vida dos adultos novos fan que a miúdo se faga moi dífícil ou imposible coidar axeitadamente os anciáns no seu propio domicilio. En moitos destes casos é practicamente imprescindible o ingreso da persoa
Page 14 |
14 anciá nun CENTRO RESIDENCIAL que sustituirá o seu fogar particular, procurará o seu benestar e coidará da sua saúde psicolóxica e física. 5. RECURSOS PARA A TERCEIRA IDADE NO CONCELLO DE RIBADEO: O Concello de Ribadeo conta cos seguintes centros residenciais: Miniresidencia “Hospital-Asilo de San Sebastián e San Lázaro”. Propiedade do Concello pero administrado pola congregación relixiosa Marta e María. Conta con 47 prazas , todas elas ocupadas e con 15 solicitudes de ingreso en lista de agarda. Vivenda Comunitaria Municipal.- Xestionada polo Concello . Dispón de 11 prazas para anciáns válidos. Vivenda Comunitaria “Mirador del Eo”.- De propiedade privada e xestionada por unha empresa familiar . Dispón de 12 prazas todas elas ocupadas. Sen ser centro residencial, si queremos relacionar aquí o Centro de Día “A Concordia”, que conta na actualidade con 18 prazas. Dá servizo a 23 usuarios ( a diferenza entre o nº de prazas e o nº de usuarios vén dada pola posibilidade de acudir ao C.D media xornada). Conta con 9 persoas na lista de agarda. Dispón polo tanto Ribadeo dun total de 70 prazas residenciais, o que supón 2.87 prazas por cada 100 ribadenses maiores de 65 anos, mentres que as recomendacións da OMS se sitúan no ratio de 5%.
Page 15 |
15 Se comparamos este datos con outros países europeos , a diferenza é notable, sendo a media de 5.1 prazas por cada 100 habitantes maiores de 65 anos. Da totalidade das prazas mencionadas, as 11 da vivenda comunitaria son para uso exclusivo de anciáns válidos, consentindo os usuarios no momento do ingreso que, no caso de pasar a ser dependentes, se lles busque unha praza alternativa noutro centro residencial. Polo que respecta á Miniresidencia “Hospital-Asilo de San Sebastián e San Lázaro”, trátase dunha residencia antiga, con dificultades para adaptarse á actual normativa , que cumpre unha importantísima función pero que tamén ten grandes carencias e precisaría de importantes reformas, que requerirían da amortización de prazas. 6. NECESIDADE DUNHA RESIDENCIA PÚBLICA PARA RIBADEO: Imos valorar obxectivamente os datos que fomos aportando e outros tamén importantes: Se nos fixamos na piramde de población (anexo 1) o 23,8 % da poboación de Ribadeo ten máis de 65 anos. Non figura na pirámide , pero si na explotación do padrón de habitantes do concello, destes 2439 ribadenses con máis de 65 anos, 981 homes e 1458 mulleres, un total de 545 viven sós, 139 homes e 406 mulleres.
Page 16 |
16 Desde os Servizos Sociais municipais téñense tramitado un total de 365 expedientes de dependencia, destes 260 son expedientes vivos. Nos servizos sociais do centro de saúde teñen outros 115 expedientes vivos, en total 375 expedientes de dependencia. Moitos deles potenciais usuarios dun centro residencial especializado, se o houbera en Ribadeo. Os servizos sociais están a dar servizo de axuda no fogar a 99 usuarios. En moitos casos esta axuda , á volta dun tempo, é insuficiente para manter ao ancián no seu domicilio, requerindo unha praza residencial. Na actualidade 20 anciáns de Ribadeo están a vivir nas residencias de Xove (5), Ferreira do Valadouro (8), Burela (3), Viveiro (1), Vilaba, (1), Castro de Rei (1) e Bretoña (1). Estas residencias, facilitan o ingreso na mesma en cuestión de días, 2.439 persoas > 65 anos Supón un 23,8% da poboación total Ribadense Son homes 981 ♂ 40,2 % Son mulleres 1.458♀ 59,8% O 5,69 % viven SÓS (139♂) O 16,64% viven SOAS (406♀)
Page 17 |
17 polo que son utilizadas como recurso habitual por familias ribadenses en situación de emerxencia. O coste de cada praza pode ascender a 1200 €. En relación ás prazas residenciais, debemos coñecer os datos económicos dos/as perceptores de pensións. Segundo o anuario do Ministerio de Traballo e Inmigración, en todo o Estado no ano 2010 contabilizáronse 7.9 millóns de pensionistas, dos cales 4.1 son de sexo masculino e 3.8 do feminino. Resulta significativo o número de pensionistas xubilados varóns (3.2 millóns) fronte ás mulleres (1.7 millóns). Con todo, obsérvase un cambio significativo ao falarmos de pensións de viudedade, onde as mulleres son moi superiores en número, 1.6 millóns fronte ós 0.6 millóns de varóns viúvos. Isto significa que en moitas unidades de convivencia conformadas polos dous cónxuxes tan só o varón conta con pensión de xubilación. E pola contra, existen moitas unidades familiares onde vive a muller unicamente cunha pensión de viuvedade. No tocante á contía encóntranse grandes diferenzas no percibido pola prestación de xubilación por ambos sexos, chegando case a dobrar a cantidade percibida polos varóns ó pecibido polas mulleres.
Page 18 |
18 Contía das pensións en función do tipo e xénero TIPO DE PENSIÓN Importe medio en €/mes Nº de pensionistas/ en miles Varóns Mulleres Varons Mulleres Incapacidade permanente 921,75 714,03 608,5 309,1 Xubilación 1034,15 614,24 3287,9 1731,5 Viudedade 440,13 581,45 61,4 1617,9 Orfandade 347,29 353,59 133,6 124 Favor de familiares 426,24 468,11 7,7 26,7 A media das pensións do ano 2010 a nivel estatal son as que continúan hoxe, non habendo grandes diferenzas cos datos recollidos a un de setembro do presente ano.
Page 19 |
19 Se facemos unha diferenciación por grupos de idade, absolutamente en todos vemos que a contía percibida polo sexo feminino é inferior, non superando os 700 € pasado o grupo de idade de 60 a 64 anos. Isto garda relación co elevado número de mulleres viúvas que se contabilizan en Ribadeo. O media de idade masculina é inferior. Importe de pensións segundo o grupo de idade e xénero Total Importe medio/ € Varóns Mulleres Menores de 60 anos 1924,6 1889,51 De 60 a 64 anos 1391,26 884,99 De 65 a 69 anos 1167,49 694,48 De 70 a 74 anos 1019,37 613,1 De 75 a 79 anos 954,79 585,88 De 80 a 84 anos 886,21 554,48 De 85 a máis anos 798,98 502,38
Page 20 |
20 Por isto mesmo é imposíbel facer fronte á contía das prazas residenciais con tan só unha pensión da Seguridade Social. Estes son datos recollidos das estatísticas e estudos do Ministerio de Traballo e Inmigración a nivel estatal ou ben de todo o ano 2010 ou dos datos recollidos a un de setembro de 2011. En todo caso as medias das pensións non son máis elevadas no noso concello, e máis tendo en conta que a nosa provincia é a segunda de todo o Estado en percibir contías de pensións máis baixas. Este feito, convértese nunha razón de peso, non podendo facer fronte a unha praza privada. Tan só se tomará esta opción en casos de urxencia ou cando se está amparado por outro tipo de ingresos. Nos expedientes de dependencia, de veciños/as de Ribadeo, nos que a familia solicitaba o recurso de praza residencial, que se chegaron a resolver asignándolles unha praza, estas foron derivados ás residencias de Chantada e Quiroga. Imos analizar qué consecuencias conleva esa derivación: 1. As distancias: a Chantada hai 177 kms e a Quiroga 200 kms. 2. O tempo investido na viaxe: a Chantada 2h. 20 m e a Quiroga 2h.45 m. en coche particular. Se temos que utilizar transportes públicos perderiamos un día para ir e outro para voltar.
Page 21 |
21 3. O elevado custe económico que supón ese desprazamento para realizar a visita: en trasporte público, 50 €/ billetes autobús máis 60 € de tres comidas (xantar , cea e xantar) e un hostal unha noite. 25 €. Isto ascende a un total de 135 €. Cantas viaxes se poden facer ao mes nestas condicións? A canto reducimos o tempo de contacto? 4. Consecuencia: Renuncia a praza ante a inviabilidade de manter o contacto coa persoa. Segundo os datos facilitados polo Centro de saúde de Ribadeo o número de anciáns diagnosticados con demencia é de 76 pacientes. Polo que respecta ás persoas residentes en Ribadeo e valoradas como discapacitados/as, os últimos datos obrantes facilitados pola Secretaria Xeral de Benestar, a situación é a seguinte: o Mulleres con discapacidade sensorial 43. Destas son maiores de 65 anos 25, o que fai un 58,13 %. o Homes con discapacidade sensorial 41. Destes son maiores de 65 anos 20, o que fai un 48,78% o Mulleres con discapacidade psíquica 86. Destas son maiores de 65 anos 30, o que fai un 34,8% o Homes con discapacidade psíquica 90. Destes son maiores de 65 anos 15, o que fai un 16,6% o Mulleres con discapacidade física 134. Destas son maiores de 65 anos 73, o sexa, un 54,47% o Homes con discapacidade física 292. Destes son maiores de 65 anos 71, o sexa un 24,3%
Page 22 |
22 TIPO DE DISCAPACIDADE TOTAL MÁIS DE 65 ANOS VARÓNS MULLERES VARÓNS MULLERES Discapacidade Sensorial 41 43 20 25 Discapacidade psíquica 90 86 15 30 Discapacidade física 292 134 71 73 Tipo de discapacidades según xénero 0 50 100 150 200 250 300 350 VARÓNS MULLERES VARÓNS MULLERES TOTAL MÁIS DE 65 ANOS N ú m e r o Discapacidade Sensorial Discapacidade psíquica Discapacidade física 7. RESUMO DE DATOS E CONCLUSIÓNS: Tendo en conta todos os datos e factores socio-económicos reflectidos no presente informe: 1. O Concello de Ribadeo ten unha porcentaxe de maiores de 65 anos do 23.8% , superando a media galega (22%). 2. Do total de persoas maiores de 65 anos, 545 viven soas. 3. Somos un dos únicos catro concellos da provincia que medra demograficamente e que o seguirá a facer nos próximos anos.
Page 23 |
23 4. Constátase un descenso da porcentaxe de persoas que residen na zona rural do concello e por conseguinte un aumento da poboación urbana ( nos últimos 15 anos descendeu a poboación rural nun 13%). 5. Aumento da esperanza de vida e conseguinte aparición do fenómeno “envellecemento do envellecemento”. 6. Aparición de novos modelos familiares (incorporación das mulleres ao mercado de traballo remunerado, oscilacións e precariedade do mercado laboral, aumento de familias monoparentais). 7. Dispoñemos de 2.87 prazas residencias por cada 100 maiores de 65 anos( 2,87%), fronte ao 5% que recomenda a OMS. 8. Na actualidade 20 anciáns de Ribadeo están a vivir nas residencias de Xove, Ferreira do Valadouro, Burela, Viveiro, Vilaba, Castro de Rei e Bretoña, o que representa un 28,65 do total de prazas residencias das que dispón o concello. 9. O prezo das prazas privadas é demasiado caro para as pensións que están a percibir , xa que a media da pensión de xubilación está, segundo os datos de 2010, en 824,19 € . 10. As resolucións de expedientes de dependencia outorgando o recurso de praza residencial a veciños de Ribadeo foi, até o momento, en boa parte dos casos, asignando prazas en residencias de Chantada e Quiroga. 11. Segundo os datos do Centro de Saúde de Ribadeo o número de anciáns diagnosticados con demencia ascende a 76. 12. Do total de 686 discapacitados, físicos, psíquicos e sensoriais, do Concello, 234 son maiores de 65 anos.
Page 24 |
24 Á vista de todos os datos reflectidos neste estudo consideramos que queda patente a necesidade de dotar ao Concello de Ribadeo de prazas residenciais. Evidentemente estas prazas deben ser de xestión pública ( con prezos en función dos ingresos do/a residente) e atendendo a criterios de proximidade, a fin de manter o ancián no seu entorno. En consecuencia, se facendo a análise do Concello de Ribadeo xa concluíamos a necesidade dunha residencia pública, ao sumar os datos e a situación dos outros Concellos engadidos ao estudo, a falta faise máis evidente . Polo tanto, dotar ao Concello de Ribadeo dunha residencia pública, contribuiría a dar maior cobertura á veciñanza de Ribadeo e á dos concellos limítrofes. Tendo en conta a porcentaxe de maiores de 80 anos, considérase apremiante a contrución desta residencia pública comarcal.