Nota de prensa
Delegación de Servizos Sociais
Intenta manipular aos veciños para acadar na prensa un protagonismo perdido nas furnas
O PORTAVOZ NACIONALISTA DE LOURENZÁ CÓ SEU AFÁN DE PROTAGONISMO NON TEN REPAROS EN DESDICIRSE
Non hai recortes nos servizos sociais, mudou o regulamento que foi aprobado curiosamente co voto a favor do BNG e do PP
Coñece o concello có prisma da distancia e actúa baixo as directrices do partido que representa
Lourenzá, 25 de xaneiro do 2012.- O portavoz nacionalista de Lourenzá có seu afán de protagonismo non ten reparos en desdicirse, intenta manipular aos veciños a costa de difamacións e palabras carentes de sensatez a fin de acadar na prensa un protagonismo perdido nas furnas. Nas pasadas eleccións perdeu un edil, algo terá que ver o cabeza de lista.
Sae a prensa acusando ao equipo de goberno de recortes nos servizos sociais cando en realidade só mudou, curiosamente có seu voto a favor, o regulamento do Servizo de Axuda a domicilio coa única finalidade de adaptar o servizo ao fin para o que realmente está disposto. As dúas modificacións máis importantes van encamiñadas a, por un lado garantir a atención aos casos urxentes e por outro lado a prestar o servizo aos usuarios que realmente o necesitan, neste senso, mudou a baremación que dá aceso ao mesmo.
Saca a relucir outra vez a subida de taxas, cando estas xa foron aprobadas no mes de Novembro. Non faremos as cousas tan mal cando ten que recorrer sempre ao mesmo.
En relación a modificación da Lei de ordenación farmaceutica pola que se obriga a manter as gardas somente a aquelas farmacias que están no ámbito onde se atopan os PAC dicirlle que “ve o Concello có prisma da distancia e actúa baixo as directrices do partido que representa”.
A realidade é que a modificación da lei foi a petición e có consenso dos propios colexios farmaceuticos que ven este servizo como innecesario ao non ser utilizado polos usuarios aos que lles é máis cómodo en caso de urxencias nocturnas acudir a farmacia que está ao carón do PAC onde é atendido.
No caso do noso Concello, a farmacia laurentina non tiña usuarios deste servizo e concretamente para a xente do Val é máis cómodo mercar os medicamentos nunha farmacia de Mondoñedo que vir expresamente por eles a Lourenzá xa que o retorno aos seus fogares dende o PAC non o fan polo núcleo urbano onde está asentada a farmacia, pero, agora toca rexistrar esta moción seguindo directrices do partido e sae a relucir o único que lle importa ao Sr. Docampo, gañar puntos perante os seus.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



