Nota de prensa
ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE “ANTROIDO 2012” EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2012, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 18 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 5 DA TARDE.
As Bases deste ano siguen a mesma liña do pasado ano, pero temos algunhas modificacións que realizamos co fin de mellorar o desfile e a participación no mesmo. Frente ás cinco categorías do pasado ano, este ano temos dúas máis. A categoría infantil, única o pasado anos, este ano desdóblase en INFANTIL NENO e INFANTIL NENA. Imos ter unha categoría para PARELLAS exclusivamente, cando o pasado ano as parellas ían con grupos de 3 e 4 persoas. En canto a grupo numerosos, temos por unha banda GRUPO DE 3 A 9 PERSOAS e por outra, COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSOAS. O último apartado é o adicado ás CARROZAS.
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 17 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.
-O mesmo día do desfile (18 DE FEBREIRO) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 18 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
A continuación axunto AS BASES DO CONCURSO que foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado 23 de xaneiro.
BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE DISFRACES DO DESFILE DE ANTROIDO DO CONCELLO DE XOVE.
O Concello de Xove, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o Sabado de Entroido, con motivo da celebración do desfile de antroido, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes
BASES
PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de disfraces do desfile de antroido organizado polo Concello de Xove.
SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso e ser beneficiarios destas axudas, calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituida así como os “grupos ocasionais” que cumplan as condicións previstas nestas bases. Neste último caso, os seus integrantes deberán nomear un representante debidamente autorizado para actuar no nome do grupo. Só poderá presentarse unha solicitude por entidade ou grupo.
A documentación a presentar será a seguinte:
1.- Particulares
-Ficha de inscrición establecida ao efecto
-Copia do N.I.F. do concursante ou titor, para o caso de menores de idade
-Certificado expedido pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma, tendo en conta que a titularidade ten que estar ostentada polo participante ou titor, para o caso de menores de idade.
2.- Asociacións legalmente constituidas e “grupos ocasionais”.
-Ficha de inscrición establecida ao efecto. Deberá indicarse o nome, apelidos e N.I.F. do representante do grupo.
-Copia do N.I.F. do representante do grupo
-Certificado expedido pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma, tendo en conta que a titularidade ten que ser ostentada pola asociación ou para o caso de grupos ocasionais, polo representante do grupo.
-Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (só para o caso de asociacións legalmente constituidas)
A ficha de inscrición deberá presentarse en todo caso, con carácter previo á celebración do desfile, ben personándose nas dependencias do Concello de Xove-Oficina do Técnico de Cultura ata o venres anterior á data de celebración do desfile, ou ben o mesmo día do desfile no punto de saída (Nave-almacén sita á carón do campo de fútbol municipal) ata media hora antes do comenzo do desfile. A restante documentación poderá presentarse de xeito simultáneo á ficha de inscrición ou, en todo caso, con carácter previo ao acordo de concesión dos premios. Serán rexeitados aqueles participantes que aínda constando como beneficiario dun premio na acta asinada polo xurado do concurso, non entreguen a documentación que se recolle neste artigo antes do acordo de concesión.
TERCEIRA.- NORMAS DO DESFILE
Para participar no concurso será necesario cumplir as seguintes normas:
-Ter colocado en todo momento o dorsal que será facilitado polo organización do desfile
-Gardar o orden de saída durante todo o desfile deixando unha distancia prudente entre participantes
-Será de competencia do xurado valorar a impuntualidade dos participantes
-Se os participantes se acompañan de calquera tipo de artilugio ou artefacto, deberán velar en todo momento polas seguridade daqueles e do público asistente, quedando prohibida a utilización de calquera material pirotécnico.
-Está permitido levar animais ao desfile sempre que non representen un perigo para o resto dos participantes e o público asistente, non estando non obstante permitido o seu maltrato podendo ser esta actuación causa de expulsión do concurso e consecuente descalificación.
-Non se permitirán representación de carácter obsceno que podan ferir a sensibilidade dos espectadores, moitos deles nenos.
-É imprescindible ir ataviados co disfraz no momento da entrega de premios, que se efectuará o mesmo día do desfile, en horario de tarde coincidindo co baile infantil e en horario de noite, coincidindo co baile de maiores.
CUARTA.- COMPOSICIÓN DO XURADO
O xurado estará composto como mínimo por tres membros designados pola organización do concurso.
QUINTA.- CRÉDITO ORZAMENTARIO
A contía máxima destinada aos presentes premios é de 3.000,00 € (partida 338.481 do Estado de Gastos do vixente Orzamento Municipal).
SEXTA.- PREMIOS
| Carrozas.
1º premio: 500 euros 2º premio: 300 euros 3º premio: 200 euros Comparsas e grupos de dez persoas ou máis 1º premio: 300 euros 2º premio: 250 euros 3º premio: 150 euros Grupos de 3 a 9 persoas 1º premio: 110 euros 2º premio: 80 euros 3º premio: 50 euros Parellas 1º premio: 60 euros 2º premio: 50 euros 3º premio: 40 euros |
Individuais adultos
1º premio: 50 euros 2º premio: 40 euros 3º premio: 30 euros Individuais infantil (nenos) 1º premio: 40 euros 2º premio: 30 euros 3º premio: 20 euros Individuais infantil (nenas) 1º premio: 40 euros 2º premio: 30 euros 3º premio: 20 euros |
A contía dos premios anteriores é líquida. O RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, suxeita a retención os premios de contía superior a 300 euros. A porcentaxe de retención regulada no artigo 107.7 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, será de 19%.
De acordo co anterior, a contía bruta do primeiro premio da categoría de carrozas será de 617,28 euros e do segundo, de 370,37 euros. Do mesmo xeito, a contía bruta do primeiro premio de comparsas e grupos de dez persoas ou máis será de 370,37 euros e do segundo, de 308,64 euros.
SÉTIMA.- PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE PREMIOS
Unha vez rematado o desfile, o xurado levantará acta na que consten os premiados por orde decrecente e por categorías. De acordo coa mesma entregarase aos gañadores un cheque-regalo que se facerá efectivo mediante transferencia bancaria dentro do prazo dos vinte días seguintes á celebración do concurso, sempre e cando se dispoña de toda a documentación requerida na Base Segunda.
Sobre a acta do xurado, emitirase informe-proposta polo Técnico Municipal de Cultura, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para a concesión dos premios.
OITAVA.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A presentación da ficha de inscrición supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nestas. A organización do concurso resérvase o dereito de calquera modificación que por forza maior se vira obrigada a efectuar.
A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa pubblicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estructamente á xestión e tramitación do expediente correspondente.
DISPOSICIÓN FINAL
As presentes Bases permanecerán en vigor para os vindeiros exercicios en tanto en canto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresas.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



