Nota de prensa
![]()
A Deputación impulsa a actividade de 13 PEMES que dan emprego directo a 70 persoas coas rutas de Km0 para esta semana
– Os 309 participantes nos itinerarios organizados achegaranse a establecementos de hostalería, obradoiros de artesanía e firmas agroalimentarias dos Concellos de Ribadeo, A Fonsagrada, Guitiriz, Palas de Rei, Guntín e Alfoz
– A próxima semana, o programa beneficiará a outras 11 firmas e entidades de Láncara, Sarria, O Corgo, Ribadeo, Lugo, Sober e Monforte nas que traballan unhas 70 persoas
– O Deputado de Cooperación recibiu este martes a 55 membros da Coral Ecos do Miño de Lugo e a 48 integrantes da Asociación de Meira, que percorreron as comarcas da Mariña e A Montaña, respectivamente
A Deputación impulsa coas rutas de Km0 que se desenvolverán ó longo desta semana a actividade de 13 pequenas e medianas empresas asentadas en 6 Concellos lucenses que dan emprego directo á unhas 70 persoas. Deste xeito, os 309 participantes nos itinerarios programados entre este martes e o xoves visitarán establecementos de hostalería, obradoiros de artesanía e firmas agroalimentarias dos Concellos de Ribadeo, A Fonsagrada, Guitiriz, Palas de Rei, Guntín e Alfoz, contribuíndo a dinamizar os negocios, non soamente nas propias xornadas nas que teñen lugar as rutas, senón de cara ó futuro, pois Km0 contribúe a dar a coñecer e promocionar os seus produtos e servizos, co que aumentan as posibilidades de que os visitantes repitan, no marco do programa do organismo provincial ou fóra del, e mesmo que animen a outras persoas a achegarse ós establecementos.
A variedade dos destinos que caracteriza a programación de Km0 desta semana manterase a próxima, con viaxes a Láncara, Sarria, O Corgo, Ribadeo, Lugo, Sober e Monforte. Neste caso, veranse beneficiadas polo proxecto da Deputación 11 PEMES de hostalería, artesanía e alimentación que dan emprego de maneira directa a unhas 70 persoas.
A institución luguesa colabora na actualidade con 125 empresas e entidades de toda a provincia, pero todas aqueles interesados en formar parte da iniciativa poden facelo. Tan só teñen que dirixirse á entidade provincial, chamando ó numero de teléfono 982-26-74/75.
As rutas da semana
A programación de Km0 desta semana arranca hoxe con dous itinerarios pola Mariña e A Montaña, dos que gozarán un grupo de 55 membros da Ecos do Miño de Lugo, e 48 integrantes da Asociación de Meira, respectivamente. Ambos colectivos foron recibidos no Pazo de San Marcos polo Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Juan José Díaz Valiño. Seguidamente, o coro lucense coñeceu as instalacións da Fundación TIC e, xa en Ribadeo, comeu no Parador de Turismo, deu un paseo en lancha pola ría, subiu no ascensor panorámico do peirao de Porcillán e visitou o Convento das Clarisas. Pola súa banda, os veciños de Meira achegáronse ó Mazo de Santa Comba para comer despois no restaurante fonsagradino Cantábrico, facer un percorrido por Negueira de Muñiz e coñecer o Museo da Fonsagrada.
Na xornada de mañá mércores, dous grupos de escolares farán as rutas de Km0: 55 rapaces do CEIP San Cosme de Barreiros viaxarán a Guitiriz e 48 do CEIP de As Nogais achegaranse a Palas de Rei e Guntín. Os alumnos barreirenses iniciarán o itinerario no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación. Xa na vila guitiricense darán un paseo pola Ruta dos Muíños, coñecerán o reloxio analemático e visitarán a panadería La Esquina. O grupo comerá no restaurante La Casilla. En canto ós estudantes das Nogais, coñecerán nun obradoiro artesán as características da típica olería de Bonxe, entrarán no castelo palense de Pambre, comerán no restaurante Parada das Bestas, visitarán Vilar de Donas e estarán en Granxa Maruxa.
Dous itinerarios pola Mariña pecharán o xoves o programa de Km0 desta semana. Por unha banda, 48 integrantes do grupo de ximnasia do barrio lucense da Ponte redescubrirán o Mazo de Santa Comba e, tras comer no bar alfocense Niza, achegaranse ó Cadramón, á fortaleza de Pardo de Cela e a Finca Galea. Doutro lado, 55 veciños do Concello de Xermade, despois de coñecer o Centro de Interpretación Terras do Miño, viaxarán a Ribadeo, onde gozarán dunha travesía pola ría, subirán no ascensor panorámico de Porcillán e visitarán o Convento das Clarisas. A comida terá lugar no restaurante O Cabazo.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



