Nota de prensa
O EQUIPO DE GOBERNO ESTÁ A REALIZAR TRABALLOS DE MELLORA NAS INTALACIÓNS DEPORTIVAS DE A MAROSA. O CONCELLO ACOMETERÁ ALGUNHAS OBRAS EN BREVE E VEN DE MERCAR UN CORTACÉSPED.
Burela, 28 de xaneiro de 2012. O equipo de goberno está a realizar traballos de mellora nas instalacións deportivas de A Marosa, segundo ven de anunciar a concelleira Beatriz Piñeiro.
A edil popular de Deportes asegurou que “estamos tentando evitar a acumulación de auga na pista de tenis e imos colocar puntos de luz desde a entrada principal das instalacións ata a zona de vestiarios, a petición dos propios usuarios”.
O equipo de goberno do Concello de Burela adquiriu un novo cortacésped “porque o que tiñamos, que xa fora adquirido polo anterior goberno municipal do PP, estaba destrozado”. Beatriz Piñeiro indicou que “houbo que cambialo porque saían más caros os arranxos que a compra dun novo. Este cortacésped costou preto de 4.000 euros”.
Desde o pasado mes de setembro de 2011 un traballador municipal está adicado de forma exclusiva ao mantemento das instalacións deportivas de A Marosa, “cousa que antes non ocurría. Esto trouxo consigo unha sensible mellora de ditas instalacións”.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
