Nota de prensa
O goberno local vén de subir recentemente as taxas municipais de recollida de lixo
O PP denuncia que o Concello leve seis meses sen recoller o vidro en Santa María Maior
Centos de botellas amoréanse no centro do pobo cerca da antiga escola parroquial e do parque de nenos, converténdose nunha zona perigosa para os máis pequenos
Lugo, 11 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Mondoñedo denuncia a deixadez constante do Concello que leva dende o pasado 18 de xullo sen recoller o vidro que se amorea nun dos contedores do centro da parroquia de Santa María Maior. Os veciños dos barrios de Vila e Cruz da Carreira están a sufrir esta situación dende fai máis de medio ano pese a que o goberno local vén de subir recentemente as taxas municipais de recollida do lixo.
O contedor arredor do que se acumulan centos de botellas está situado a carón dunha parada de autobús onde a diario un neno colle o transporte escolar. Ademais, nas inmediacións desta zona do centro de Santa María Maior atópase o parque infantil e a antiga escola, que hoxe en día se utiliza como centro social.
Esta localización do cúmulo de botellas preto de áreas que frecuentan con asiduidade menores converte o lugar nunha zona perigosa para os máis pequenos xa que os cristais rotos das botellas poden ocasionarlles danos.
De igual maneira, ademais do impacto visual, a acumulación de vidro tamén se converte nun foco de contaminación dentro dun entorno rural como é o de Santa María Maior.
Ante esta situación e a non resolución do problema tras ser preguntado por el en pleno, o Partido Popular pídelle ao Concello que cumpra co seu deber e que non se “esqueza de realizar as súas labores diarias, xa que de pasar os recibos de cobro tampouco se olvida”



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



