O vindeiro xoves, día 5 de xaneiro, non haberá recollida de cartón en Ribadeo, segundo ven de informar a Concellaría de Medio Ambiente. Horacio Cupeiro explica que “esta decisión adoptóuse ao coincidir a recollida coa celebración da cabalgata de Reis”. O edil nacionalista pide colaboración aos comerciantes ribadenses “para que depositen o cartón mañá martes, 3 de xaneiro, ou o vindeiro 10 de xaneiro, pero non este xoves, porque insistimos non haberá recollida e non sería bó que o cartón quedase ao pé das establecementos e das tendas durante tantos días”.
O xoves, día 5 de xaneiro, non haberá recollida de cartón en Ribadeo
O xoves, día 5 de xaneiro, non haberá recollida de cartón en Ribadeo
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón