Nota de prensa
O pasado Domingo 8-1-2012 os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala disputaron no pavillón Municipal de Xove a segunda e derradeira xornada correspondente á fase de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se celebrará en Lalin o vindeiro Domingo 29-1-2012, fronte ás Seleccións de Lugo.
A continuación, informamoslles dos resultados dos encontros:
?CATEGORIA BENXAMIN ás 16:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 4-4 SELECCIÓN DE LUGO
Por parte da selección mariñana anotaron: Pol Bassa Mora e Noel Díaz do Burela FS, Anxo Balea do AD Santiago de Foz e Diego Fernández do AD Praia de Covas.
?CATEGORIA ALEVIN ás 17:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 6-0 SELECCIÓN DE LUGO
Os goleadores do combinado alevin foron Fran Fiallega Fdez. do ED Pontenova con tres goles, Jorge Insúa do AD Praia de Covas con dous goles Paulo González do ED Lourenzá.
?CATEGORIA INFANTIL ás 18:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 5-5 SELECCIÓN DE LUGO
Pola súa parte, os goleadores do combinado infantil foron Álex García con dous goles, Pablo Casas e Mamadou Diouf do Burela FS e Manuel Vázquez do ED Lourenza.
?CATEGORIA CADETE ás 19:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 2-5 SELECCIÓN DE LUGO
Finalmente, os goles do combinado cadete foron obra de Carlos Barbosa do Burela FS e Diego López do Colexio O Pilar.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
