Nota de prensa:
CONCURSO DE KAROKE DE XOVE
O pasado venres 30 de decembro, a partires das 22:00 horas (10 da noite) tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove o Iª CONCURSO DE KARAOKE, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove.
No Concurso tivemos tres categorías: Peques, iunior e veteranos. En cada unha destas categorías premiouse a “Mellor voz” e “Mellor caracterización”. No primeiro caso, para a concesión do premio, o xurado atendeu á calidade da voz, modulación ou entonación. No segundo caso valorouse o vestiario, maquillaxe e aspectos similares.
En total presentáronse 24 participantes, 6 na categoría “peques”, 3 na “iunior” e 15 na “veteranos”. Debido a esta espectacular participación, sobretodo tendo en conta que era a 1ª edición, o Concurso, que comezou con puntualidade ás 22:00 horas, alongouse ata pasada as 12 da madrugada, non movéndose ninguén ata o final, dada a expectación e o interés polo mesmo.
En total tivemos 6 premios, que foron os seguintes:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
Vencedor/a “Mellor Voz”: DANIEL FERNÁNDEZ PONTE CON ASTURIAS DE MELENDI.
Vencedor/a “Mellor Caracterización”: AINOA ECHEVARRÍA OLIVER E SOFÍA LÓPEZ LOUSAS CON HIGWAY TO HELL DE ACDC.
Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
Vencedor/a “Mellor Voz”: BRENDA SUÁREZ AZOGUE CON SOLDADITO MARINERO DE FITO Y LOS FITIPALDIS
Vencedor/a “Mellor Caracterización”: NEREA CUADRADO CUADRADO CON NI ROSAS NI JUGUETES DE PAULINA RUBIO.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
Vencedor/a “Mellor Voz”: MARIA ISABEL PERNAS FRA CON HOY QUIERO CONFESAR DE ISABEL PANTOJA.
Vencedor/a “Mellor Caracterización”: BRUNO PEDRE OTERO E XACOBE PEDRE OTERO CON ESPERANZAS DE LOS PECOS.
Os da categoría “peques” tiveron un premio de 20 euros, os “iunior” de 50 e os “veteranos” de 100.
Máis de 300 persoas abarrotaron o Salón de Actos, atopándose o patio de butacas e o anfiteatro completamente cheos de público, con numerosas persoas de pé.
O Xurado do Concurso estivo formado por Dª Xulia Nogueira Directora da Escola Municipal de Música de Xove, Dº Eduardo Rodríguez Basanta e Dº Javier Arca Uría en representación da ACIAM de Xove, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro.
Como presentadores do Concurso, tivemos a Vanesa Míguez Ramos e a Rubén Pico Rey.
En canto á entrega de premios, foi presidida pola Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e o Tenente de Alcalde José Manuel González.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



