Nota de prensa
COMUNICADO DE PRENSA, ASOCIACION DE VECIÑOS VALDEFLORES DE XUNQUEIRA
O Domingo a mañá a asociacion de veciños Valdeflores de Xunqueira prantaron arbores autóctonos na zoa do campo da festa e paseo fluvial.
Arbustos e árbores autóctonas «nun modesto intento de colaborar coa rexeneración da vexetación» da zona.
A prantación celébrase no marco do Día dos Bosques Autóctonos e baixo o lema ‘Recuperemos as nosas arbores’.
Así, por terceiro ano consecutivo, levouse a cabo esta actividade na que se plantaron castaños, carballos, loureiros, amieiros, vieteiros e acacias.
O día dos Bosques Autóctonos conmemórase desde fai máis de dez anos unido á traxectoria de distintos colectivos naturalistas, ambientalistas e ecoloxistas repartidos pola Península e para celebrar o comezo da época de plantación que durará ata mediado Marzo.
Deste xeito, con estas plantacións preténdese «sensibilizar» á poboación e reivindícase a «conservación de matogueiras e arboledas autóctonos fronte aos cultivos forestais», e a diversidade do bosque autóctono coa plantación de diferentes especies de arbores, arbustos e árbores propias do lugar fronte aos monocultivos. Con esta plantación, as organización quere aproveitar para recordar as súas formulacións e peticións ao Concello, en relación co campo da festa e veira do rio Xunqueira.
Esta actividade esta subvencionada por o plan BRAVO De Alcoa do ano pasado, e empregados desa empresa que viven en Xunqueira participaron na actividade.