Nota de prensa:
DENDE O G.M. DO PP PEDÍMOSLLE AO ALCALDE QUE SE POÑA A TRABALLAR POLO INTERES DO NOSO CONCELLO E SE DEIXE DE PERDER O TEMPO RECOLLENDO CABAZAS
Ante as últimas noticias publicadas nos medios de comunicación e nas que o Alcalde de Ribadeo disertaba sobre as hortas do Concello ao tempo que saía na foto facendo labores de limpeza, dende O Grupo Municipal do PP querémoslle lembrar que o cuidado e a limpeza das referidas hortas non forman parte das obrigas propias do seu cargo como máximo responsable da Institución Municipal e polo que mensualmente recibe unha nómina ao cargo do Concello, sendo estas labores de mantemento das hortas, competencia ou ben de quen ten a concesión da horta ou en todo caso do persoal do Concello encargado do mantemento dos xardíns, pero non do Alcalde, salvo que o faga fora da sua xornada laboral e na sua propia parcela, en cuio caso habería que preguntarse se ten o Alcalde concedida unha parcela para o seu uso particular, e de ser así, entendemos que o feito de que faga estas labores de cuidado da sua horta non debera de ser noticiable, xa que entra dentro das obrigas dos adxudicatarios, pois noutro caso debería ser sancionado coa perda da horta.
Dito esto queremos lembrarlle ao Alcalde que a aprobación do PXOU, a seguridade cidadá, a regulación do tráfico, a limpeza e amaño dos camiños rurais, a busca de medidas que fomenten o emprego no Concello, o apoio aos pequenos e medianos empresarios da Vila, a posta en funcionamento do Polígono Industrial e da Subestación eléctrica… entre otros moitos, son temas que están enriba da mesa e que precisan da adopción, dende o Concello, de medidas urxentes que lles veñan a dar resposta, de ahí que dende o Grupo Municipal do PP lle pidamos ao Alcalde que se deixe de perder o tempo en recoller cabazas coa única finalidade de acadar unha foto valeira de contido coa que poder sair nos medios de comunicación, e contrairamente adique todo o seu tempo e empeño e o do seu equipo de Goberno a dar resposta aos asuntos verdadeiramente importantes do Concello, aos asuntos que están a afectar ao desenvolvemento diario da nosa Vila, aos que antixen á convivencia diaria dos nosos veciños, á seguridade no concello, ao futuro dos nosos xovenes, á continuidade de moitas empresas… esto é ao futuro da noso pobo.