Nota de prensa
O Grupo municipal do PSdG-PSOE, manifesta a súa sorpresa porque o alcalde de Foz, actúa a calada pedindo cartos os Bancos e non da a coñecer os seus planes a cidadanía en un acto de transparencia a hora de administrar os recursos de todos os veciños e veciñas de Foz.
Dito esto, preguntámonos como despois de tanto criticar o anterior goberno por pedir diñeiro para afrontar a crise nunha operación de tesourería solicitada de 700.000 €, dos cales o anterior goberno gastara a cantidade de 400.000 € aproximadamente, quedándolle para o novo grupo do PP sen gastar cerca de 300.000 €, agora o novo grupo de goberno pide outros 700.000 €, pero a calada e baixo corda, cando o normal e dar a coñecer a Corporación os seus planes e saber a que vai a destinar o diñeiro solicitado.
A maiores queremos dicir que xa empeza, o PP, a endebedar o concello e coma sempre sen facer, en case un ano de goberno, absolutamente nada de nada, nin un sola obra ou actuación en ningún lugar; o punto de nin sequera colocar una simple rejilla cando a piden os cidadáns e sendo necesaria por mor das inclemencias do tempo.
A pregunta está servida. ¿En que se gastan os cartos, e canto hai neste momento fora de contabilidade de gastos do novo goberno?.
O Alcalde sempre co mesmo discurso, que si quedou moito de débeda, que si non hai cartos, e temos que dicirlle que cando o Sr.García Rivera colleu o Concello no 1995, había mais débeda, mais créditos, mais paro, e sacamos o Concello cara adiante, porque fixemos un goberno do pobo e para o pobo.
Agora non se conta co pobo, gastos que non se deberían ser asumidos polo Concello cárganse a este, como por exemplo as pasadas festas patronais do 2011, por certo as peores da historia de Foz, cunha escasa recadación popular de 19.000 €, ¿quen pagou o resto?, o Concello. En anos anteriores a recadación popular para festas tiña unha media de 60.000 €, xestionando co mundo empresarial, atraccións da feira, revistas interesantes,etc… Así, a cargo do Concello, fai festas calquera pero logo pasa o que pasa, que os cartos que gastan en festas non se gastan, por exemplo, en Asuntos Sociais.
Poderíase pensar, bueno o PP agora tócalle, ten gobernos amigos que van traer inversións para Foz, ¿Pero, ónde están esas inversións? Si non fora pola Deputación que é a que esta investindo en Foz, aviados íamos.
Sr.Alcalde de Foz, obras son amores e non boas razóns, ¿onde está o prometido, onde esta ese superporto, onde esta esa brigada de obras para as parroquias, onde van as súas promesas?