Nota de prensa
BURELA CONTA DENDE PRINCIPIOS DE ANO CUNHA AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN NA QUE ESTÁN ANOTADAS 200 PERSOAS E 50 EMPRESAS. ESTÁ PROMOVIDA POLA CONCELLERÍA DE EMPREGO QUE TAMÉN PON EN MARCHA A NOVA TARXETA BURELA-EMPREGO CON CONDICIÓNS VANTAXOSAS PARA OS QUE CONTEN CON ELA.
Burela, 20 de febreiro de 2012. Burela conta dende principios de ano cunha axencia local de colocación, promovida pola Concellería de Emprego, que dispón agora mesmo dunha bolsa de emprego na que hai apuntadas unhas 200 persoas e 50 empresas. José Casas subliñou que o Concello tamén pon en marcha a nova tarxeta Burela-emprego con condicións vantaxosas para todos os que conten con ela.
O concelleiro de Emprego sinalou que “das 200 persoas que hai anotadas na axencia local de colocación 70 xa dispoñen da nova tarxeta Burela-emprego. Unha condición vantaxosa coa que poden beneficiarse das diversas accións postas en marcha polo Concello a través da súa bolsa de emprego, ou ser o receptor das múltiples ofertas de traballo tramitadas mensualmente dende a Concellaría de Emprego”. José Casas contou que a estas ofertas únense agora as expostas no taboleiro de anucios do Facebook Bolsa de emprego Concello de Burela, “pois ademais de abrir o contacto con todas as empresas participantes tamén faremos un seguimento das vacantes non cubertas para poder desprazalas á bolsa de emprego de Burela e que sexan os usuarios desta tarxeta os que teñan preferencia para optar a ocupar ese posto de traballo”.
O edil popular explicou que “en breve comezarán a ser efectivas as funcións da tarxeta Burela-emprego. Ademáis nestas semanas prepararanse os diferentes grupos que conformarán os diversos plans de emprego previstos para este ano 2012, cuxo obxectivo final non só se fundamenta na consecución dun posto de traballo, senón tamén en alcanzar maiores graos de autonomía e autosuficiencia na busca de emprego, sendo capaz de manexarse con autonomía e destreza no mercado laboral”.
A axencia local de colocación funcionará na sede do departamento de emprego do Concello de Burela e con persoal propio deste servizo, “co que non supón ningún gasto engadido ao Concello”, asegurou José Casas. Nas próximas semanas iniciarase unha campaña entre as empresas da zona, para ofrecerlles participar na rede de empresas do Concello de Burela, na que contarán entre outros servizos coa colaboración para xestionar as súas ofertas de traballo. Esta intermediación laboral será un servizo gratuíto para ambas partes, segundo o concelleiro burelés, quen apuntou que “a intermediación laboral persigue aplicar políticas tendentes a diminuír o nivel de desemprego con especial atención aos colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado do traballo”.
Todas aquelas persoas de Burela en situación de desemprego que non dispoñan da tarxeta Burela-emprego, aínda están a tempo de solicitala acudindo ás oficinas da Concellaría de Emprego na Avda. Arcadio Pardiñas, 137, entlo. de Burela.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



