Nota de prensa:
HOXE INCÍASE EN FOZ A I RUTA DOS VIÑOS QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES. TRINTA E CINCO LOCAIS PARTICIPAN NESTA CITA QUE XURDIU COA INTENCIÓN DE FIDELIZAR Á CLIENTELA DA HOSTALERÍA LOCAL.
Foz, 24 de febreiro de 2012. Hoxe iníciase en Foz a I Ruta dos Viños que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e na que se repartirán 1.200 euros en vales de compra.
A I Ruta dos Viños de Foz desenvolveráse ata o 1 de abril. José Carlos Paleo, o presidente de ACIA Foz, lembra que “estamos diante unha iniciativa que nos propuxeron realizar os hostaleiros á directiva co obxectivo de fidelizar á súa clientela”. Desde hoxe e ata o vindeiro 1 de abril os clientes dos 35 locais participantes poderán selar as súas tarxetas nestes establecementos e entrar no sorteo de 1.200 euros en vales de compra para gastar neses locais ao longo das vindeiras semanas. Para participar no sorteo deberán ter os selos dos 35 bares, mesóns e restaurantes que se dan cita nesta I Ruta dos Viños de Foz. Hai un premio de 500 euros, un premio de 300 euros e catro de 100 euros cada un, todos eles en vales de compra para gastar nos locais hostaleiros participantes nesta nova iniciativa de ACIA Foz. O sorteo será o 27 de abril e poderáse seguir en directo por Radio Foz.
Os locais que se dan cita na I Ruta dos Viños de Foz son: A Bodega de Mari, A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Bolera, A Ribeira, Acuario, O Chícaro, O Taco, Dallas, Happy Days, May-Ros, Xoyma, Anduriña, A Eskina, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, O Fogar do Pelolo, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, O Náutico, Namarinos, A Soalta, pizzería Xoiña, O Atabal, As Brasas, Dandy, O Mar, O Lar e Portochico.