REFERENCIA
Miles de persoas manifestaronse o xoves nas ciudades gallegas -A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago- contra as medidas de recorte na función pública aprobadas pola Xunta.
O persoal dos servizos públicos de Galiza saíu á rúa, una vez máis, para rexeitar, xunto a moreas de galegos e galegas, o Proxecto de Lei de Medidas no Emprego público da Xunta de Galiza e en defensa do servizos públicos.
E saíu á rúa porque, tal e como se recolle no manifesto ao que deron lectura ao remate, dos servizos públicos “dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan ás persoas e desenvolvan a lei de dependencia”.
(…) Con estas mobilizacións, convocadas por todas as organizacións sindicais, CIG, CCOO, UGT, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ, o sector público pretende denunciar as políticas de recorte do PP, que teñen como único obxectivo facer pagar a crise ao persoal da administración pública, adelgazar a administración e reducir servizos, o que terá consecuencias negativas na súa calidade.