Nota de prensa
HORACIO CUPEIRO PÍDELLES AOS VECIÑOS QUE FAGAN UNHA RECOLLIDA SELECTIVA AXEITADA “POR RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL E PARA EVITARLLE GASTOS INNECESARIOS AO CONCELLO”. RIBADEO XENEROU O ANO PASADO MÁIS DE 4.200.000 KILOS DE LIXO.
Ribadeo, 23 de febreiro de 2012. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pídelles aos veciños que fagan unha recollida selectiva axeitada “por responsabilidade medioambiental e para evitarlle gastos innecesarios ao Concello”. O edil nacionalista deu a coñecer os datos da recollida do lixo, vidro, cartón ou cartón correspondentes ao pasado ano.
Cupeiro fixo un desglose de todo o lixo e de todos os materiais recollidos en Ribadeo ao longo do ano 2011 e realizou unha comparativa co 2010. O concelleiro de Medio Ambiente explicou que “no contedor orgánico, que é o que paga o Concello, recollemos 4.203.470 kilos de lixo, o que supón un 5% menos que no 2010. No contedor amarelo recolléronse 275.000 kilos, un 7,7% menos que o ano anterior, isto lóxicamente págao Ecoembes. En vidro recollemos 276.970 kilos, un 3’54% menos que no 2010; nos contedores de cartón os ribadenses depositamos 262.705 kilos, un 3’78% máis que o ano anterior; no cartón porta a porta recollemos 26.944, un 16,42% que no 2010; nos contedores de roupa deixáronse 25.820 kilos, un 11,56% máis que o ano anterior; en aparatos eléctricos e electrónicos recollemos 26.165 kilos, un 1,11% máis que no 2010; en residuos perigosos 1.628 kilos, un 39% máis; en voluminosos recollemos 40.580 kilos, un 7’13% máis; en plásticos de silos é curioso porque baixamos nun 30% e recollemos 55.600 kilos; en aceite de cociña recolléronse 2.080 kilos, un 12% menos”.
Horacio Cupeiro aproveitou para contar que “o custe de toda a Delegación de Medio Ambiente é de 1.125.342 euros” e fixo unha reflexión “en períodos de crise debemos tentar reducir todo isto e todos nos debemos comprometer para reducir estas cifras facendo un bó uso de todo o sistema, tanto por parte dos cidadáns como por parte dos que diriximos isto”. O concelleiro de Medio Ambiente poñía algúns exemplos, “os cidadáns deberían reducir os residuos, clasificar mellor ditos residuos para que vaian aos sistemas integrados de xestión e non teña que pagar o Concello, por iso pido unha vez máis a todos os veciños que fagan unha recollida selectiva axeitada, porque por responsabilidade medioambiental e de sostibilidade debemos seleccionar”. Cupeiro considera que “debemos aplicarnos no traballo para facer o mesmo con menos xente, debemos darlle un bó trato á maquinaria para non ter que ir aos talleres e aforrar, debemos ser serios no traballo en canto ao horario e a atención ao cidadá, debemos aforrar en combustible. Tamén na Delegación de Medio Ambiente debemos aforrar en papel, en luz, en informática, en calefacción, debemos mellorar en contratación de empresas auditoras do sistema de mantemento. Si todos nos responsabilizamos e nos comprometemos isto poderémolo sacar adiante, se non somos responsables a nosa comunidade, o noso concello todos teremos graves problemas”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



