XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 15ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE A VARA – Sábado, 25 de febreiro de 2012)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (25 FEBREIRO 2012 ) 35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 202 | 12 |
SEGUNDO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 198 | 10 |
TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 196 | 8 |
CUARTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 190 | 7 |
QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 186 | 6 |
SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 185 | 5 |
SÉTIMO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 177 | 4 |
OITAVO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 175 | 3 |
NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 165 | 2 |
DÉCIMO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 164 | 1 |
MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 85 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 110 | 6 |
SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 104 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 78 | 3 |
CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 65 | 2 |
QUINTO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 58 | 1 |
MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 55 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 110 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 93 | 4 |
TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 92 | 3 |
CUARTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 57 | 2 |
QUINTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 30 | 1 |
MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 49 | 1 |
Liga Senior Masculina.- O que son as cousas. Arturo Vigo que hai un par de semanas xa se vía como campión, ve agora ameazada a súa privilexiada posición por Francisco Pérez, grazas ás dúas victorias consecutivas conseguidas por Francisco. Francisco podería, matematicamente, porse líder na vindeira tirada de Vilachá se gaña e consigue a mellor bolada e Arturo Vigo non consigue puntuar; dahí que Arturo necesitará porse as “pilas” se non quere verse en problemas ao final do campionato. O que tamén consigue Francisco Pérez é afianzarse na segunda posición, cunha cómoda renda de 21 puntos sobre o terceiro clasificado, que sigue a ser José Rafael González con 72 puntos. Iso sí, Rafa que non se descuide xa que por detrais ten a Sócrates con 63, César con 59, Omar con 58, Marcelino con 55, etc. Como conclusión, despois desta tirada, e a falla das de Vilachá, Morás e Sumoas, o campionato volveuse a abrir, estando bastante claro que Arturo Vigo e Francisco Pérez van loitar polas dúas primeiras prazas, con vantaxe para Arturo neste caso; pola terceira praza do caixón de honra final Rafa parte con vantaxe, pero que non se descuide.
Liga Senior Feminina.- A noticia nesta Liga é que Dolores Baño, ao non puntuar, perde prácticamente tódalas opcións de revalidar o seu entorchado nesta categoría, inda que matemáticamente tería opcións; iso sí, a terceira praza non hai quen lla quite, e inda podería loitar pola segunda. Polo tanto, de aquí ao final, veremos unha forte loita entre Carmen Roca, líder con 64 puntos, seis máis que Belén Meitín, quen foi capaz de recortarlle dous nesta tirada. Belén ten inda moitas opcións de poder gañar, pero ao mesmo tempo vai ter moita presión xa que nunca conseguiu gañar este campionato, e a súa rival e líder neste intre Carmen Roca xa o conseguiu na primeira Liga desta categoría. As tres tiradas restantes van ser moi bonitas por ver quen se fai con trunfo final.
Liga Sub 16.- Nesta Liga, con Salomé como virtual –inda que non matemáticamente- campiona, a loita estase a desenvolver entre Daniel López e Isaias Cardoso, cunha pequena renda de un punto para o primeiro grazas á súa victoria en A Vara. Polo tanto, nas tres últimas tiradas veremos unha forte loita entre Daniel López e Isaias Cardoso pola segunda praza, con Salomé de xuiz mirando dende arriba da táboa.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 3 DE MARZO NO CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, NA PARROQUIA DE PORTOCELO.