XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 13ª TIRADA
(CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE – Sábado, 4 de febreiro de 2012)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CAMPO FÚTBOL DE XOVE (4 FEBREIRO 2012 ) 35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 210 | 12 |
SEGUNDO | JOSE VIGO LAGE | 199 | 10 |
TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 186 | 8 |
CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 182 | 7 |
QUINTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 182 | 6 |
SEXTO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 175 | 5 |
SÉTIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 161 | 4 |
OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 161 | 3 |
NOVENO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 160 | 2 |
DÉCIMO | MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 159 | 1 |
MELLOR BOLADA | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 82 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 134 | 6 |
SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 69 | 4 |
TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 51 | 3 |
CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 15 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 12 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 126 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 76 | 4 |
TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 61 | 3 |
CUARTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 46 | 2 |
QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 42 | 1 |
MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 50 | 1 |
Liga Senior Masculina.- Terceira victoria de Marcelino Rodríguez, nesta ocasión moi clara, o que lle permite pasar o 11º ao 9º posto. Líder, consolidando a súa vantaxe, Arturo Vigo con 99 puntos, 31 máis que Francisco Pérez, quen con 68 puntos recupera a segunda praza, en detrimento do vixente campión José Rafael González, quen no foi capaz siquer de puntuar. O segundo posto de Jose Vigo permítelle avanzar do 9º ao 7º posto. Polo demáis, a clasificación sigue prácticamente como estaba. A falla de 5 tiradas, e con 65 puntos máximo por disputar (5×12 máis 5 puntos por cada mellor bolada), parece moi difícil que Arturo Vigo perda esta vixésima edición da Liga. Sería unha auténtica ecatombe se iso sucedese, tendo en conta ademáis o nivel de xogo de Arturo. Polo tanto, de agora ata o final, podemos decir que a loita vai estar fundamentalmente por acadar o segundo e terceiro posto finais, tendo un amplo abanico de xogadores que poden aspirar, dende Francisco Pérez con 68 puntos (segundo) ata por exemplo Marcelino Rodríguez con 45 puntos (noveno).
Liga Senior Feminina.- Incontestable a victoria da líder Carmen Roca, quen amplia lixeiramente a súa vantaxe sobre Belén Meitín, con 56 e 51 puntos respectivamente. Terceira, como non, Dolores Baño con 48 puntos, e xa moi alonxadas Concepción Piñeiro con 20 e Leonor Casabella con 13. Nesta categoría, polo tanto, todo inda por decidir; pero cremos, que quen máis se xoga, é Belén Meitín, xa que inda non consigueu ser campiona nesta categoría, e Carmen e Dolores sí, polo que seguramente de aquí ao final van xogar con menos presión que Belén.
Liga Sub 16.- De espectacular se pode calificar a actuación de Salomé Cardoso nesta tirada, superando amplisimamente a tódolos seus rivais e consolidando o seu liderato, cunha vantaxe que se vai aos 14 puntos respeto do segundo, con 66 puntos de Salomé por 52 de Daniel López. Terceiro é Isaias Cardoso con 48 puntos, a 18 puntos da súa irmá. Nas seis últimas tiradas, cinco trunfos e un segundo posto de Salomé; tanto Daniel como Isaias xa se van mentalizando que vai ser moi difícil parar a Salomé nas cinco tiradas que quedan, e van ir centrando a pelexa entre eles por ver quen queda segundo e terceiro.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 11 DE FEBREIRO NO CAMPO CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO, NA PARROQUIA DE XUANCES.