Un total de 13 locais de restauración participan na XXI Festa do Ourizo de San Ciprián
-Nesta edición participan máis establecementos hostaleiros que o ano pasado
-Os locais prepararán máis de 6.000 quilos do equinodermo en receitas moi variadas
-Haberá degustación deste produto nos establecementos, o tradicional Concurso Gastronómico e as Xornadas Técnicas
Cervo, 28 de febreiro de 2012.-O Concello de Cervo deu hoxe a coñecer o programa completo e o cartel da XXI Festa do Ourizo de San Ciprián que se celebrará o vindeiro 10 de marzo. Antes de presentar os detalles desta edición á sociedade, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Turismo, Begoña Alonso, reuníronse cos responsables dos locais hostaleiros participantes para amosarlles o cartel e explicarlles os actos programados para esta cita gastronómica.
Nesta edición serán 13 os bares e restaurantes da localidade os que ofrecerán máis de 6.000 quilos de ourizo cociñado de formas moi variadas. Cabe destacar que o número de establecementos adheridos este ano aumentou con respecto ao ano pasado, sumándose nesta edición de 2012 dous locais máis.
Programa
A Festa do Ourizo é unha cita gastronómica, e como tal, ofrece a cervenses, turistas e visitantes a posibilidade de probar este produto en todo o seu esplendor, procedente das augas da Mariña e preparado polas mans dos cociñeiros locais. Por iso, “é a mellor oportunidade para degustar esta exquisitez e o seu inconfundible sabor a mar”, asegura o alcalde, Alfonso Villares. Como xa anunciamos, son 13 os locais que participan, pero cada un deles preparará o ourizo de formas moi variadas para que as persoas que acudan aos establecementos dispoñan dun amplo menú con diferentes pratos e con receitas que poden ser tradicionais, innovadoras ou a especialidade da casa. Ademais, as charangas e os gaiteiros contribuirán a crear ambiente de festa nesta xornada de exaltación do ourizo.
Pero como xa vén sendo habitual, a Festa do Ourizo non consiste exclusivamente en consumir este produto do mar, senón que ademais, inclúe unha serie de actividades que a fan máis completa e atractiva, que se foron consolidando nos últimos anos e que hoxe son ineludibles. Falamos das Xornadas Técnicas e do Concurso Gastronómico.
As Xornadas Técnicas chegan este ano á súa XII edición. Dous serán os temas ao redor dos que xirará este encontro centrado no ourizo. O primeiro dos relatores será o biólogo viveirense Vicente Prieto González, xefe de coordinación da área do Mar da Xunta de Galicia, que exporá a evolución do plan de rexeneración do ourizo na Mariña lucense. As xornadas continuarán da man do doutor en Bioloxía Antonio Rodríguez Fernández, subdirector xeral de Pesca e Mercados da Pesca da mesma administración autonómica, que falará da valorización do ourizo como produto de pesca.
O Concurso Gastronómico celébrase por undécimo ano consecutivo e nel presentaranse a maior parte dos establecementos hostaleiros participantes na festa. Cada un deles pode concorrer ao certame cun máximo de dous pratos que serán valorados por un xurado multidisciplinar de entre 3 e 5 persoas elixidas entre os asistentes ás xornadas técnicas. Este xurado degustará e puntuará os pratos, valorando sobre todo a súa presentación pero tamén a dificultade na elaboración, o tempo de preparación, o sabor, a orixinalidade e a innovación.
“Con este concurso queremos potenciar la imaginación de nuestros hosteleros y animarlos a innovar en la preparación de un producto tan versátil que se puede elaborar cocido, aderezado con diferentes salsas, en croquetas, en empanada u otras muchas posibilidades”, explica Begoña Alonso. Ao mesmo tempo, engade “es una forma más de hacer atractiva esta fiesta, ya que los visitantes que repiten encuentran cada año nuevas formas de disfrutar de este manjar”.
Unha celebración que naceu como unha demanda do pobo para ensalzar o ourizo e que ano tras ano foi gañando peso en convocatoria e en calidade ata conformar unha festa de prestixio que foi declarada de Interese Turístico Galego no 2008. De feito trátase da cita gastronómica máis tradicional do municipio e a única deste tipo, na que se exalta un produto alimentario, que conta con esta distinción que outorga a Xunta. “Unha festa”, remata Villares, “que sae adiante co esforzo conxunto dos hostaleiros, a confraría de pescadores e o Concello, pero que ademais debe moito a todas as persoas que acoden atraídos por un dos produtos máis tradicionais do noso concello”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



