A asociación Amadores dá Música prepara actos para conmemorar o vixésimo aniversario da banda de Ribadeo, que se cumpre este ano.
A actual banda municipal ribadense foi creada hai vinte anos pola asociación Amadores dá Música, cuxa nova xunta directiva está preparando diversos actos para conmemorar ese aniversario durante o verán, probablemente en agosto.
Anunciouno en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) o presidente do colectivo, Enrique González, quen explicou que organizarán unha exposición e un concerto especial, entre outras actividades.
Amadores dá Música fará tamén unha campaña de captación de socios coa intención de superar a cifra de 500 que ten actualmente.
No programa “A Mariña na Onda”, que dirixe e presenta Beni Mántaras, o novo presidente de Amadores dá Música tamén explicou que están preparando unha viaxe a un país europeo de importante tradición musical, pero aínda está por decidir cal será o destino concreto.