Nota de prensa
ESTA XOVES 22 DE MARZO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN DO
XANELA ABERTA AO SUR’12
CAMPOS A BRASIL, ECUADOR E MARROCOS
A Asociación galega AMARANTE SETEM COMEZA A EDICIÓN Nº12 DO XANELA
ABERTA AO SUR ESTE VINDEIRO SÁBADO 24 DE MARZO EN SANTIAGO DE
COMPOSTELA. Para as persoas que estades interesadas O PRAZO DE
INSCRICIÓN REMATA ESTE XOVES 22 DE MARZO.
O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de
encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás
realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para
contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento
persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.
Durante os meses de MARZO, ABRIL E MAIO LEVARANSE A CABO CATRO XORNADAS
FORMATIVAS que darán paso á POSIBILIDADE DE VIAXAR NOS MESES DE XUÑO,
XULLO E AGOSTO e convivir durante catro semanas cunha das organizacións
coas que colabora Amarante habitualmente:
– Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil (
http://www.mst.org.br ) [1]
– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec ) [2]
– Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en
http://amarantesetem.org ) [3]
As XORNADAS DE FORMACIÓN serán todas en Santiago excepto a segunda
Xornada. As datas son:
– I xornada formativa 24 de marzo
– II xornada formativa 14 e 15 de abril
– III xornada específica 12 de maio
– IV xornada específica 26 de maio
As viaxes realizaranse entre os meses de xuño, xullo ou agosto
Avaliación en setembro
Os requisitos para participar son:
– Ser maior de idade
– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas
– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros
se traballas)
Para INSCRIBIRTE ou pedir máis información escribe a
educacion@amarantesetem.org ou nos teléfonos 986 84 81 59 – 981 584
713
Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación
Exterior da Xunta de Galicia.
Grupo Comarcal de Ribadeo
Asociación Galega AMARANTE Setem






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



