Nota de prensa
O 31 de decembro de 2010 a AVV O Tesón culminou a recollida de sinaturas para pedir o retorno do xulgado a Ribadeo coa ‘foto’ dos representantes políticos e posterior entrega da documentación no concello. Asemade, deuse traslado directo a Madrid, ó Ministerio, das xestións realizadas e a petición dun xulgado para Ribadeo.
O pasado ano 2011 non se recibiu ningunha contestación do Ministerio, a pesares de ser lembrado o envío e requerida información, nin se observou absolutamente ningunha disposición pola labor polos mesmos políticos que apoiaron nominalmente e apareceron na foto citada.
En consecuencia, a directiva da AVV, e dado o cambio de goberno de finais do pasado ano, decidiu tomar de novo a iniciativa e a pasada semana o Presidente da Asociación, Pancho Campos, viaxou a Madrid para facer diferentes xestións nese sentido no ministerio que na actualidade preside Alberto Ruíz Gallardón.
Lémbrase que o motivo citado para a perda no ano 1965 do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción en Ribadeo foi ‘a falta de xuíces’, que na mesma data fóille tamén retirado o xulgado a Viveiro, téndoo recobrado hai longo tempo, e que a poboación de Ribadeo está en máximos históricos, estimando que o movemento que se observa na vila xustifica o retorno desta instancia, respaldado ademáis por un dereito histórico.
Así as cousas, foi cursada unha petición de audiencia ó sr. Ministro que esperamos sexa respondida en breve.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



