Nota de prensa:
AS OBRAS DE MELLORA DO SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE BARREIROS LICITARANSE NOS VINDEIROS MESES, LOGO DA APROBACIÓN DEFINITIVA DOS PROXECTOS SECTORIAIS NO CONSELLO DA XUNTA
Son os dous primeiros proxectos sectoriais que se tramitan logo da aprobación definitiva do Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria neste concello lucense
Nestes momentos estase a tramitar o proxecto sectorial de infraestrutura viaria
O Goberno galego suspendeu en 2007 a vixencia das Normas subsidiarias de Barreiros e aprobou unha ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor dun novo planeamento plenamente acomodado á actual lexislación
En abril de 2010 asinouse un convenio de colaboración interadministrativa entre a Consellería de Medio Ambiente, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros para colaborar activamente na superación do escenario de incerteza
Para afrontar as infraestruturas obxecto do convenio comprometeuse un investimento de 14,1 millóns de euros, dos cales o concello asumirá arredor do 50%, a Deputación de Lugo cerca dun 10% e a Xunta achegará o 40% restante
O consello da Xunta aprobou definitivamente na súa reunión de hoxe os proxectos sectoriais para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de abastecemento e saneamento no concello de Barreiros. Trátase dos dous primeiros proxectos sectoriais que se tramitan logo da aprobación definitiva polo Consello da Xunta, en maio do ano pasado, do Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria, neste concello lucense.
A aprobación definitiva dos proxectos sectoriais permitirá a súa licitación, que se prevé nos vindeiros meses, e a súa posterior execución. Polo que se refire ao terceiro proxecto sectorial, o referido a infraestrutura viaria, estase a tramitar nestes momentos.
As principais actuacións que se prevén no proxecto sectorial para a mellora e ampliación do saneamento tendentes a garantir o servizo no municipio, tendo en conta o crecemento urbanístico previsto, son:
Construción dunha nova EDAR en San Cosme, respectando e ampliando a súa implantación actual.
Mantemento da EDAR de San Bartolo.
Construción dunha nova EDAR en San Miguel, con capacidade para o tratamento das augas residuais das parroquias de San Pedro, San Miguel e Reinante.
Execución dun bombeo en Sarxende.
Execución dun bombeo en Reinante.
Con respecto ao abastecemento, o proxecto sectorial contempla:
Construción dunha nova ETAP en Rexa II.
Construción dun novo depósito de cabeceira de rede de abastecemento.
Construción dunha liña de adución desde a ETAP ata o depósito da Barranca.
Renovación da captación Pena da Balsa.
Antecedentes
A insuficiencia nas redes de saneamento e depuración de augas residuais na rede de abastecemento de auga potable ou na potencia na subministración de enerxía eléctrica determinaron que o Consello da Xunta de Galicia, por Decreto 15/2007, do 1 de febreiro, suspendese a vixencia das Normas subsidiarias de Barreiros e aprobase unha ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor dun novo planeamento plenamente acomodado á actual lexislación.
Co obxectivo de acadar unha saída a esta situación, en abril de 2010 asinouse un convenio de colaboración interadministiva entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros para colaborar activamente e de forma conxunta na superación do escenario de incerteza observado no concello de Barreiros, desde o máis estrito respecto á legalidade vixente, o desenvolvemento sustentable do territorio e a cohesión social da poboación nos catro núcleos urbanos delimitados neste concello: San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante.
Para afrontar as infraestruturas obxecto do convenio comprometeuse un investimento de 14,1 millóns de euros, dos cales o concello se fará cargo de algo máis do 50% (cantidade que será achegada na súa totalidade polos promotores), a Deputación Provincial de Lugo participará con cerca dun 10% e a Xunta achegará o 40% restante.
Con este convenio procederase á urbanización, abastecemento, saneamento e rede viaria dos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante. Unha vez aprobado definitivamente, o plan sectorial permite a tramitación, por parte do Concello de Barreiros, dos proxectos sectoriais que o desenvolverán.
Colaboración cos concellos
A Xunta de Galicia é consciente de que a realidade de Barreiros foi unha situación con que se atopou o actual Goberno, pero da que xa era coñecedora o Goberno anterior, que iniciou os primeiros pasos coa elaboración dun convenio que ía na mesma dirección que o que promoveu este Goberno.
Execución dun bombeo en Sarxende.
Execución dun bombeo en Reinante.
Con respecto ao abastecemento, o proxecto sectorial contempla:
Construción dunha nova ETAP en Rexa II.
Construción dun novo depósito de cabeceira de rede de abastecemento.
Construción dunha liña de adución desde a ETAP ata o depósito da Barranca.
Renovación da captación Pena da Balsa.
Antecedentes
A insuficiencia nas redes de saneamento e depuración de augas residuais na rede de abastecemento de auga potable ou na potencia na subministración de enerxía eléctrica determinaron que o Consello da Xunta de Galicia, por Decreto 15/2007, do 1 de febreiro, suspendese a vixencia das Normas subsidiarias de Barreiros e aprobase unha ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor dun novo planeamento plenamente acomodado á actual lexislación.
Co obxectivo de acadar unha saída a esta situación, en abril de 2010 asinouse un convenio de colaboración interadministiva entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros para colaborar activamente e de forma conxunta na superación do escenario de incerteza observado no concello de Barreiros, desde o máis estrito respecto á legalidade vixente, o desenvolvemento sustentable do territorio e a cohesión social da poboación nos catro núcleos urbanos delimitados neste concello: San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante.
Para afrontar as infraestruturas obxecto do convenio comprometeuse un investimento de 14,1 millóns de euros, dos cales o concello se fará cargo de algo máis do 50% (cantidade que será achegada na súa totalidade polos promotores), a Deputación Provincial de Lugo participará con cerca dun 10% e a Xunta achegará o 40% restante. Con este convenio procederase á urbanización, abastecemento, saneamento e rede viaria dos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante. Unha vez aprobado definitivamente, o plan sectorial permite a tramitación, por parte do Concello de Barreiros, dos proxectos sectoriais que o desenvolverán.