Nota de prensa:
Tralas iniciativas do Goberno para financiar o pago aos provedores
Balseiro pon en valor as medidas da Xunta de Galicia a favor dos concellos
• O Goberno galego vai manter a contía do Fondo de Cooperación Local a pesar de que os ingresos autonómicos volverán retroceder
A Mariña, 13 de marzo de 2012.- O secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, quixo hoxe destacar as medidas que o Goberno galego está a poñer en marcha a favor dos concellos ao longo deste 2012, pensadas para que “superen a actual crise económica e consigan soportar a caída nos ingresos municipais”, que está a poñer en xaque ás facendas locais. “Feijóo atende ás demandas dos alcaldes de conseguir máis liquidez e axilizar a percepción de axudas e subvencións autonómicas”, resumiu.
Principalmente, Balseiro destacou a decisión da Xunta de manter a contía fixa do Fondo de Cooperación Local para este ano 2012, que volverá a ser de 116 millóns de euros. Isto, “a pesar de que a Xunta vai recibir menos fondos do Estado, como consecuencia da recesión económica herdada do Goberno de Zapatero”.
Neste capítulo, indicou que nos últimos días as corporacións locais recibiron 1,33 millóns de euros adicionais, unha pequena inxección financeira “que é todo un apoio nestes momentos tan críticos”.
O Fondo de Cooperación local son achegas que o Executivo autonómico fai chegar aos 315 concellos galegos para o financiamento xenérico das súas actividades. Cómpre valorar calquera incremento destas contías para favorecer unhas arcas municipais que atravesan estreiteces económicas moi acusadas
ANTICIPOS DE SUBVENCIÓNS
Balseiro tamén lembrou outras medidas xa adoptadas pola Xunta nestes últimos meses, por exemplo o anticipo do 50% do Plan Concertado antes do mes de abril ou as liquidacións trimestrais de numerosas ordes de axudas e subvencións, co obxectivo de aliviar as cargas sobre as facendas locais. “A Xunta é sensible cos problemas que atravesan os concellos”, afirmou.
Ás accións emprendidas pola Xunta súmanse as decisións do Goberno de España. En apenas dous meses de lexislatura “fixeron máis polos concellos que o PSOE no sete anos de Zapatero”. As principais medidas, enumerou Miranda, foron a ampliación de cinco a dez anos para a devolución dos 176 millóns en concepto de liquidacións negativas de 2008 e 2009, a subida temporal do IBI (que permitirá recadar en Galicia 100 millóns de euros en dous anos) ou o Plan de Pago a Provedores, “que reactiva a economía e o emprego e pon a cero o contador das facturas impagadas”.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



