Nota de prensa
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NO CURSO DE MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE QUE SE IMPARTIRÁ EN RIBADEO.
Ribadeo, 5 de marzo de 2012. As Concellarías de Desenvolvemento Local e Mocidade abren o prazo de preinscrición no curso de monitor de actividades de tempo libre con certificado da Dirección Xeral de Xuventude.
Dito curso desenvolveráse en Ribadeo, cun mínimo de 15 e un máximo de 25 alumnos/as. Constará de 200 horas teóricas e 150 prácticas e o custe será de 200 euros. Recoñeceráse unha bonificación ás persoas empadroadas en Ribadeo. A organización propón que o curso se leve adiante os sábados todo o día e os domingos pola mañá, con posibilidade de adaptarse á maioría dos interesados/as.
A preinscrición poderá realizarse ata o 20 de marzo na Área de Desenvolvemento Local ou na OMIX
Turismo
Por outra banda, a Concellaría de Turismo lembra que o vindeiro mércores, 7 de marzo, no local de asociacións do Concello de Ribadeo (antigo lavadoiro), terá lugar unha nova sesión de traballo do proxecto Ribadeo de eventos, coas reunións microsectoriais destinadas a aloxamentos, restaurantes e ocio. O primeiro encontro será ás 16:30 cos propietarios dos aloxamentos de Ribadeo que queiran acudir e participar neste proxecto; o segundo será cos restaurantes ás 18:30 horas e o terceiro ás 20:30 horas coas empresas de ocio.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



