Nota de prensa
ACIA FOZ INICIA UNHA NOVA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA SÚA TARXETA DO COMERCIO. AQUELAS PERSOAS QUE REALICEN DURANTE O MES DE MARZO A SÚA PRIMEIRA COMPRA CON ELA OBTERÁN UN DESCONTO DO 5%.
Foz, 9 de marzo de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz está a realizar unha nova campaña de promoción da súa tarxeta do comercio. O presidente José Carlos Paleo sinala que “para levala adiante acabamos de repartir ou de buzonear 3.000 sobres con información sobre esta nova iniciativa. Aquelas persoas que realicen durante o mes de marzo a súa primeira compra coa tarxeta do comercio de Foz obterán un desconto do 5%”. Paleo anima á clientela do comercio de Foz “a facer a tarxeta e a aproveitar esta oportunidade agora que se achega, por exemplo, o día do pai”.
ACIA Foz puxo en marcha hai uns meses a tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila “co obxectivo de fidelizar á nosa clientela. Queremos que compren no comercio tradicional da nosa vila e que nel poidan atopar campañas e descontos como os que lles ofrecen as grandes áreas comerciais”.