ARDEN OS LIBROS
Un xa non pode fiarse de ninguén. Nin de quen anda miudiño, cadeira nunha man e pastillas incendiarias na outra, polas proximidades dun monte ou dunha libraría. Porque se lle pode ocorrer calquera cousa.
Hai noticias que parecen extraídas da hemeroteca ou desa sección de Efemérides que tanto gusta aos xornais con historia, se non fose porque son recentes. Souben a través do blog de Juan Cruz que unha das librarías nas que con maior frecuencia adquiro as miñas lecturas cando caio pos a Capital do reino dos Borbons, a Antonio Machado do “Círculo de Bellas Artes” de Madrid, foi atacada o pasado este luns por un energúmeno, canalla, pirómano, inimigo da liberdade, que aproveitou que o local estaba pechado para cometer un delito que, por sorte, non pasou a maiores.
Como denominar a quen considera que nos centenares de volumes dispostos nos estantes hai inimigos potenciais aos que debe aniquilar, aos que debe lanzar un lume purificador que remate con eles e, de paso, evite que prenda o coñecemento, a sabedoría ou o pracer que levan consigo?
O nazismo e tamén o franquismo vangloriáronse das queimas públicas de libros, aquí mesmo na Cidade do Landro, unha presa de foraxidos vestidos con camisa de mahon e disfrazados de “xente de ben” queimaron a maior parte da biblioteca da Sociedade de Obreiros Catolicos na praza de A Fonte Nova en unha mañaciña do veran do 1936. estes actos buscaban asasinar simbolicamente os seus autores e lectores, advertir a poboación do pernicioso e perigoso de adquirilos, posuílos ou lelos, e, por riba de todo, impoñer un réxime de terror no que estivesen ausentes as liberdades de pensamento, de expresión, de discrepancia ou de debate, porque o que debía imperar era o pensamento único.
Foi inha práctica habitual durante séculos foi a queima de libros para ocultar, negar ou reprimir ideas. A humanidade perdeu moito con esta práctica que normalmente vén da man de fanáticos de algo exercendo poder sobre pensadores non tan fanáticos de nada.
É un dos tantos problemas do fanatismo, pode ser relixioso, cultural, político, pero en todos os casos o comportamento é o mesmo e o obxectivo similar, eliminar a opinión, suprimir o pensamento, impedir que alguén exprese o que pensa ou desexa crendo que deste xeito ninguén poderá pensalo.
Pero as ideas non están polos libros, os libros son a materialización dunha idea, as mesmas tamén se moven de boca en boca, nacen do espírito libre dos homes, as ideas dificilmente poidan ser queimadas.
Tamén en décadas pasadas viviuse atentados e queima de librerías en Sevilla, Bilbao e San Sebastián, que criamos desterrados para sempre da nosa vida cotiá. Quizais sexa un feito meramente anecdótico ou, quizais, o que resultaría preocupante, unha mostra dos tempos que corren.
Otero Regal





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



