Nota de prensa
BENESTAR OFERTA MÁIS DE 3.700 PRAZAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA MULTIAVENTURA DIRIXIDAS A MOZOS E MOZAS GALEGOS
A iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado prolongarase desde o 6 de abril ata o 23 de setembro en 16 instalacións distintas repartidas nas catro provincias galegas
Os participantes poderán realizar actividades náuticas como kaiak o bodyboard; de multiaventura, como escalada ou rutas en bicicleta; ou culturais, con visitas a museos ou obradoiros de elaboración de pan; entre outras
Santiago, 25 de marzo de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta un total de 3.782 prazas en estadías de fins de semana multiaventura aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos, no marco do programa ‘Roteiros’. A iniciativa prolongarase desde o 6 de abril ata o 23 de setembro en 16 instalacións distintas repartidas nas catro provincias galegas.
As estadías inclúen aloxamento completo (desde o venres á tarde ata o domingo ao mediodía, a excepción do ‘Roteiro en Sabucedo’ e ‘Roteiro As Corcerizas’, que son de sábado a domingo); a manutención neste período de tempo; o desprazamento cara as distintas actividades; e as propias actividades e os materiais necesarios.
Os participantes poderán realizar actividades náuticas como kaiak o bodyboard; de multiaventura, como escalada ou rutas en bicicleta; ou culturais, con visitas a museos ou obradoiros de elaboración de pan; entre outras.
Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a través da chamada telefónica nos teléfonos 981 54 59 37/54 57 02/54 16 89/54 58 22 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.
Na provincia da Coruña ofértanse prazas en tres emprazamentos: no Concello de Carnota e no Albergue xuvenil de Gandarío, para actividades náuticas; e no Aeródromo da Fervenza (Mazaricos), para actividades de multiaventura. Na de Pontevedra, as prazas ofertadas distribúense en sete instalacións, en Vilanova de Arousa, na Illa de San Simón, no Grove, no Covelo, en Forcarei, en Lalín e na Estrada.
Na provincia de Lugo haberá catro ubicacións diferentes, tanto na cidade de Lugo como na mariña lucense, na Devesa (Ribadeo), no Albergue xuvenil Beningo Quiroga en Portomarín e no Concello de Quiroga. Mentres, na provincia de Ourense haberá dúas localizacións: en San Xoán de Río e Vilar de Barrio
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



