Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos
– Atendendo estas peticións, os bombeiros de Barreiros realizaron este venres un simulacro no colexio Juan Rey do Concello de Lourenzá, contando coa participaron 123 rapaces
– É a cuarta demostración que, ata o momento, efectuan estes profesionais para que os nenos coñezan as pautas de conduta ante emerxencias e o funcionamento das instalacións contraincendios
– Ademais do laurentino, centros educativos de Barreiros, Xoxe e Viveiro xa se beneficiaron desta iniciativa que, nas vindeiras semanas, o Consorcio levará a colexios de Sarria, Cervo e Viveiro
Unha decena de colexios e institutos da provincia solicitaron ó Consorcio Provincial de Bombeiros, organismo asumido ó 50% por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, a realización de actividades didácticas para uns 700 alumnos. Estas realizanse nos propios centros educativos ou nos 5 complexos lugueses que, á espera de rematar coa labores de integración do de Monforte de Lemos, pertencen á entidade. A través de visitas, demostracións e simulacros, os rapaces coñecen, da man dos máis de 100 profesionais recén contratados para as instalacións contraincendios de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada e Sarria, o funcionamento deste servizo, os medios técnicos e humanos, así como as pautas de conduta básicas a seguir ante posibles emerxencias que poidan ocorrer en calquera escenario. Precisamente, o última destas actividades tivo lugar este venres no CEIP Juan Rey do Concello de Lourenzá a onde se achegaron os bombeiros de Barreiros e na que participaron 123 nenos de dito colexio.
Dende a posta en marcha dos parques de bombeiros, en maio de 2011, o Consorcio recibiu 9 solicitudes. Destas, 7 proveñen de centros educativos da Mariña e as 2 restantes da zona Sur. Do total de actividades, xa se realizaron 4 e nas próximas semanas levaranse a cabo as 5 restantes.
As accións didácticas xa realizadas, xunto a deste venres, son as seguintes:
– CEIP San Miguel (Barreiros): Foi o primeiro centro da provincia en demandar unha visita ó Consorcio de Bombeiros. Tivo lugar o 26 de xuño do pasado ano e consistiu nunha visita ó colexio dunha dotación de Barreiros para amosar a todos os alumnos, uns 60, medios materiais e o seu funcionamento.
– CEIP Caselles Rollán (Xove): 43 alumnos do colexio público xovense realizaron unha visita ó Parque de Bombeiros de Viveiro o 9 de decembro do pasado ano.
– CEIP Covas (Viveiro): As instalacións do centro de ensinanza acolleron o pasado 29 de febreiro un simulacro de evacuación dos seus 204 estudantes efectuada por un equipo do Parque vivariense.
Os centros de ensinanza que, nas vindeiras semanas, realizarán simulacros son:
– CEIP Nº1 de Cervo: 48 alumnos do centro realizarán unha visita ás dependencias do Parque de Viveiro.
– CEIP Díaz Freijo (Viveiro): Igual co colexio anterior, a actividade didáctica demandada é unha visita ó complexo contra incendios vivariense, na que participarán uns cen rapaces.
– IES Marqués de Sargadelos (Cervo): 28 estudantes de 1º da ESO do instituto cervense coñecerán o equipamento técnico e humano do Parque de Barreiros.
– Escola de Educación Infantil de Sarria: 56 nenos de entre 4 e 5 anos de idade desprazaranse ó Parque de Sarria para coñecer as instalacións.
– CPR Nuestra Señora de la Asunción: O complexo sarriano recibirá outra visita de 74 nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos.
A gran importancia da formación en prevención dende unha idade temperá é o principio que inspira estas actividades, que calquera centro educativo -ben a través da dirección ou da Asociación de Nais e Pais (ANPA)- pode solicitar poñéndose en contacto co parque de bombeiros radicado na súa localidade ou co máis próximo á mesma.