Nota de prensa
ALFONSO FUENTE TILDA DE BOA NOVA A APROBACIÓN DEFINITIVA NO CONSELLO DA XUNTA DOS PROXECTOS SECTORIAIS PARA A MELLORA DO SANEAMENTO E DO ABASTECEMENTO NO CONCELLO. O REXEDOR CONSIDERA QUE A LICITACIÓN DESTES TRABALLOS SUPORÁ A CREACIÓN DE MOITOS POSTOS DE TRABALLOS NOS VINDEIROS DOUS OU TRES ANOS.
Barreiros, 9 de marzo de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, tilda de boa nova a aprobación definitiva no Consello da Xunta dos proxectos sectoriais para a mellora do saneamento e do abastecemento no concello. O rexedor considera que a licitación destes traballos suporá a creación de moitos postos de traballo nos vindeiros dous ou tres anos e lembrou que Barreiros foi castigado políticamente polo bipartito da Xunta.
Para Alfonso Fuente “unha vez máis queda constatado o apoio da Xunta a este concello con estes proxectos sectoriais. Esta aprobación de onte é o paso definitivo para que se poidan licitar esas obras. Da súa licitación encargaráse Augas de Galicia para que logo empece a súa execución. É posible que ao longo deste 2012 poidamos ver xa traballos feitos no noso concello e durante o 2013 seguiránse desarrollando. O investimento, tal e como se ven comentando desde hai moito tempo, ronda os 14 millóns de euros”. O rexedor indicou que “onte aprobáronse definitivamente dous proxectos sectoriais que son os de mellora e ampliación das infraestructuras básicas de saneamento e de abastecemento, pero aínda queda un terceiro que é o da infraestructura viaria, que está en fase de tramitación”.
O rexedor barreirense fixo un repaso dalgunhas das obras que inclúen estes dous proxectos sectoriais, “a construcción dunha nova EDAR en San Cosme, así como unha nova EDAR en San Miguel, a execución dun bombeo en Sarxende e en Reinante, e tamén unha nova ETAP en Rexa, un novo depósito cabeceira en Celeiro e unha nova ETAP na Barranca. É unha obra moi importante na que levamos traballando moito tempo. Hai uns prazos que cumprir, é certo que se foron dilatando no tempo, de feito o presidente da Deputación de Lugo decía que a tramitación estaba a ser moi longa e que desconfiaba que se levara adiante. Él ten que saber que hai uns prazos e un proceso e a aprobación onte no Consello da Xunta é o fin, agora só queda licitar e adxudicar estas obras”.
Luz ao final do túnel
Alfonso Fuente Parga manifestou que “a luz empezamos a vela hai algún tempo. No 2006 foi cando máis negro o vimos porque a Xunta do bipartito decidiu suspender as normas no noso concello, no 2007 publicaron unha normativa transitoria e tivo que ser no 2009 co cambio de goberno cando se empezou a traballar en serio en Barreiros. Se firmou un convenio no 2010, no 2011 levóuse adiante toda a tramitación deses proxectos e agora este ano se fai esa aprobación definitiva”.
O alcalde considera que “hai dúas formas de gobernar, de costas aos concellos ou de cara aos concellos. Éste é un exemplo dun apoio claro da Xunta a un concello que foi castigado políticamente, non había base legal ningunha, simplemente se castigou a un concello porque gobernaba un color político distinto ao que estaba na Xunta”. E sinalou que “nos vindeiros meses imos ver unha serie de obras, todas son a envexa de calquera alcade porque veremos mellorada toda a rede de abastecemento e a rede viaria. Vai ser unha realidade e durante este mandato quedará lista e poderemos disfrutala todos os veciños de Barreiros. Insisto, serán todos os veciños os que a disfruten, porque moito se leva oído de que só será para uns poucos. Cando se fai unha rede de saneamento ou unha rede viaria aínda non vin nunca unha carretera que se fixese só para uns poucos, aínda non vin nunca unha rede de abastecemento de auga que se fixera só para uns poucos… neste caso estamos diante dunha boa nova”.
Recuperación económica
Fuente Parga subliña que “as obras de mellora do saneamento e abastecemento de Barreiros suporán a creación de moitos postos de traballo nos vindeiros dous ou tres anos. Calquera empresa que veña realizar estas obras terá que contar con persoal, vai xenerar postos de traballo tanto directos como indirectos, xa que o sector servizos que atendía a todo este persoal tamén xeneraba postos de traballo. É unha boa nova nun momento delicado como o que estamos a vivir”.
O rexedor barreirense advirte que “o Concello pasará dous anos difíciles, pero si esta obra se pon en marcha ese período se pode acortar. A recuperación económica no noso Concello pode ser menor porque fíxose o que había que facer, se actualizaron unha serie de ordenanzas e agora teremos o apoio do goberno do Estado para poder anticipar o pago a proveedores. Barreiros non ten deuda con entidades financieiras, co que a recuperación económica será moito máis rápida e podería producirse incluso antes deses dous anos dos que falaba antes”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



