Manuel Parga pregunta no Parlamento sobre o plan de industrialización comprometido para a A Mariña
Os últimos tres anos A Mariña de Lugo está a ser vítima dunhas políticas que provocaron a desaparición de centros de traballo emblemáticos como ECAR en Mondoñedo, Eccesa ou Macesa en Burela, ERES de extinción de emprego en Móbeis Hermida de Lourenzá, ou nas auxiliares de ALCOA, ERES suspensivos na Cerámica de Sargadelos ou o feche definitivo de múltiples pequenos negocios até o punto de que neste período a poboación incluída no Réxime Especial de Autónomos descendeu en preto do 10%.
Os datos relativos ao desemprego son moi negativos na Mariña de Lugo, o paro rexistrado incrementouse dende xuño de 2009 ata febreiro do 2012 nun 48,8%.Temos preto de 6.000 persoas en paro na comarca que necesitan respostas e alternativas dignas á súa dramática situación. A reforma laboral do goberno do PP non vai facer máis que incrementar o paro a cifras históricas e o seu resultado vai empeorar as condicións de vida da maioría da poboación da Mariña.
En decembro do pasado ano 2011 aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galiza unha proposición non de lei que trataba de dar resposta a esta situación dramática de desmantelamento económico e social.
Na proposición instábase á Xunta de Galiza a establecer un plan de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuír á dinamización económica da comarca da Mariña lucense.
A día de hoxe pouca ou ningunha é a información que se coñece sobre as medidas que o goberno galego ten tomado a este respecto.
O GP do BNG non quere que se esqueza o acordo do Parlamento e vai facer un seguimento deste acordo e a eses efectos demanda respostas do goberno ás seguintes cuestións:
1. Que actuacións levou a cabo o goberno galego para impulsar un plan de desenvolvemento industrial na Mariña de Lugo?
2. Que medidas vai a contemplar este plan?
3. Con que recursos económicos vai contar?
4. Que actividades ou sectores produtivos vai impulsar e promover?
5. Que medidas sen van a levar a cabo para a recuperación do emprego?
6. Que medidas de acompañamento social se fixeron ou se están realizando para aquelas persoas que se atopan desempregadas de cara a amortecer a súa situación e para favorecer a súa reinserción laboral?
Remitido




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



