Nota de prensa:
O BNG CONTRAPÓN A PROPOSTA DE FUSIÓN DE ALFOZ E VALADOURO, FROITO DO CONSENSO SOCIAL E POLÍTICO, Á “FUSIÓN POR ARRIBA” ANUNCIADA POR FEIJÓO NO DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA
Manuel Parga asegura que existen claros motivos de necesidade e conveniencia económica para esta fusión “por abaixo” e lembra que existen acordos das corporacións municipais que avalan a proposta
Santiago de Compostela, 21 Marzo 2012.- O deputado do G.P do BNG Manuel Parga defendeu hoxe a fusión dos concellos de Foz e Valadouro e pediu a intervención da Xunta para facela viábel por ser unha demanda dos propios concellos e dos seus cidadáns.
Parga asegurou que se trata dunha proposta que conta cun elevado consenso social e político, é dicir, é unha proposta por “abaixo” non imposta dende arriba, como a dos concellos de Oza e Cesuras que anunciou Feijóo a pasada semana no Debate do Estado da Autonomía.
Neste sentido, o deputado do BNG lembrou que o anuncio do presidente da Xunta foi un “coello sacado da chisteira” para agochar, máis unha vez, a súa incapacidade para facer fronte á crise e aos problemas dos concellos.
Malia recoñecer que as fusións non son os principais problemas da administración local nin do País nin van solventar todos os problemas de financiamento municipal, “existen claros motivos de necesidade e conveniencia económica e social, así como grandes consideracións de orde xeográfico e demográfico” para xustificar a destes casos concretos.
Manuel Parga recordou que o Val do Ouro ten moita vida social en común, ten moitos vencellos, está perdendo poboación a un tempo, etc, polo que unha forma de garantir a súa supervivencia é grazas á fusión e por iso existen acordos das respectivas corporacións municipais neste sentido.
O parlamentar informou de que en Alfoz se aprobou por unanimidade reclamar á Xunta, á Fegamp e á Deputación un estudo sobre a viabilidade da fusión e no caso de Valadouro a corporación municipal aprobou por maioría absoluta iniciar os trámites para facela efectiva.
Parga lamentou que malia esta realidade, o director xeral de Administración Local –encargado de dar resposta á pregunta do BNG sobre este asunto, que se debatiu esta tarde na Comisión Institucional do Parlamento- negara que existan os ditos acordos municipais, comprometéndose a valorar o caso de seguirse os trámites administrativos pertinentes.
Ao que o deputado respostou ironizonado, preguntado cal foi o procedemento administrativo seguido por Feijóo para facer o grande anuncio mediático de Oza e Cesuras.
Asemade, fixo ver ao director xeral que dicindo que descoñece o aprobado en Alfoz e Valadouro demostra ou que minte ou que mantén moi pouca relación institucional cos concellos e entra en total contradicción co declarado polos alcaldes, ambos do PP, contrarios á fusión e que chegaron a declarar que este tipo de medidas só benefician á Xunta e ao goberno do Estado.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



