Nota de prensa
O GOBERNO MUNICIPAL LEVARÁ ADIANTE UNHA REESTRUCTURACIÓN DA POLICÍA LOCAL PARA AUMENTAR E MELLORAR OS SERVIZOS QUE PRESTA. HABERÁ MÁIS PRESENZA A PÉ E EN MOTOCICLETA NA RÚA E INCREMENTARÁNSE OS DÍAS DE TRABALLO POLAS NOITES. SUÁREZ BARCIA PEDIRÁ NA VINDEIRA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE MAIOR IMPLICACIÓN DA GARDA CIVIL PARA EVITAR QUE SE SIGAN A PRODUCIR MÁIS ROUBOS EN RIBADEO.
Ribadeo, 2 de marzo de 2012. O goberno municipal levará adiante unha reestructuración da Policía Local para aumentar e mellorar os servizos que presta. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que maior presenza na rúa tanto a pé como en moto e ademáis incrementaránse tamén os días de traballo polas noites. Suárez Barcia pedirá na xunta local de seguridade do vindeiro martes maior implicación tamén da Garda Civil para evitar que se sigan a producir máis roubos en domicilios e en establecimentos comerciais e hostaleiros da vila.
O rexedor aproveitou para desmentir “esta nova que saiu nalgúns medios de comunicación sobre o incremento que estarían a sofrir algunhas pólizas de seguros contra roubos por mor do acontecido en Ribadeo. Non é misión do alcalde ir polas compañías preciando seguros, pero así o fixen e todas de maneira unánime están en desacordo con esta idea que alguén quixo dar. Todos indican que a magnitude non foi tan ampla en cuestión económica e que incluso en Ribadeo, como noutros sitios, o que está a haber é guerra de prezos para baixalos debido á situación económica que hai”. Fernando Suárez seguiu a relatar que “incluso en Ribadeo fánse seguros contra roubo onde non se piden nin rexas nin alarmas, algo que en calquera cidade por aí adiante sería impensable”.
O goberno municipal de Ribadeo está intentando, e nos vindeiros días convocará aos representantes do persoal, que “os traballadores municipais traballen mellor e de xeito máis eficaz e eficiente e que isto redunde en beneficios dos veciños do concello”. O alcalde referíuse ao colectivo da Policía Local, “un corpo que forman 11 persoas e máis un xefe. Eu son consciente da problemática que temos, dos roubos, da seguridade, e na Policía Local imos facer unha reorganización para aumentar e reforzar servizos e todo isto entendendo que seguiremos utilizando o persoal que temos. Vemos inviable que o Concello de Ribadeo poida ter máis Policía Local, non o pretendemos, e penso que imos poñer medidas efectivas e reais en marcha. Imos dar unha maior presenza na rúa por parte da Policía Local, maior presenza nas oficinas, un incremento das patrullas a pé ou en motocicleta e ao mesmo tempo, a maiores das noites que xa están a facer ben sexa os sábados ou no verán, imos incrementar as actuacións nocturnas en días non prefixados. Non lles imos dicir aos cacos que días vai traballar a Policía Local polas noites”. Fernando Suárez dixo que “imos planifícalo tanto pola xefatura da Policía Local como pola Alcaldía e daremos cumprida conta, sempre mantendo esta ansia de colaboración coa Garda Civil, indicándolles que as nosas patrullas estarán máis por fóra durante as noites, sen que isto lle vaia costar un céntimo máis ao Concello, porque non estamos para gastar máis diñeiro, senón para facer as cousas mellor. Confío e teño o compromiso de todo o cadro da Policía Local de que isto sexa así”.
O rexedor ribadense indicou que na vindeira xunta local de seguridade prevista para o 6 de marzo, “xa que o Concello vai facer este esforzo de maior presenza na rúa tamén polas noites, queremos que o subdelegado do Goberno dea as instruccións pertinentes para incrementar o número de efectivos da Garda Civil nesta comarca e singularmente en Ribadeo e que poida haber máis patrullas da Garda Civil de paisano, porque pode ser moi efectivo e ademáis é algo que nos reclama moita xente con coñecemento de causa”. Fernando Suárez insistiu en que “Ribadeo segue a ser un sitio tranquilo, a pesares destes roubos, pero por parte das administracións, non podemos facer milagros, pero sí podemos facer máis do que facemos e nós ímolo facer nos vindeiros días como se poderá ver”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



