O plan de axuste do Concello de Cervo contempla unha redución da débeda de 1,3 millóns de euros ata 2015.
O plan de axuste do Concello de Cervo fixa un teito de gasto ata o ano 2022
-O rexedor cervense explicoulle aos voceiros dos grupos da oposición as liñas xerais do plan de axuste para os próximos 10 anos
-Un dos principais obxectivos é a estabilidade orzamentaria baseada nos indicadores da capacidade de financiamento e o remanente de tesourería
-A fixación do teito de gasto non afectará á calidade na prestación dos servizos
Cervo, 27 de marzo de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reuniuse esta mañá cos voceiros dos grupos municipais na oposición para expoñer as liñas xerais do plan de axuste que deberá ser entregado telematicamente ao Ministerio de Facenda antes do día 31 deste mes. Polo momento o departamento de Intervención está completando o expediente, que estará rematado en prazo segundo anunciaba onte mesmo o rexedor.
O plan de axuste é o documento económico ao redor do que xirarán as políticas orzamentarias durante os próximos dez anos que no caso do Concello de Cervo está baseado en dous principios: a diminución do gasto sen reducir a calidade dos servizos prestados; e a estabilidade financeira e orzamentaria.
Unha das medidas máis importantes que se contemplan no plan de axuste é a fixación dun teito de gasto ata o 2022, que permitirá manter unha liña económica sólida e enmarcada dentro duns límites de xestión moi precisos. Aínda así a edil de Facenda, Tania González, aclara que o establecemento dun teito de gasto será totalmente compatible co “mantemento da calidade dos servizos que se prestarán ata o 2022”. Un plan que tamén contempla a redución paulatina dos custos de persoal.
Con estas medidas, o goberno local garante que as políticas orzamentarias que se levarán a cabo durante o actual mandato e ao longo dos próximos 10 anos “non hipotecarán o futuro económico do municipio que xa estaba hipotecado de abondo coa débeda ás entidades financeiras que recollemos cando chegamos ao goberno no ano 1999” explica a edil de Facenda, que lembra que daquelas “o Concello lle debía aos bancos 3,8 millóns de euros mentres os seus ingresos eran de 2,3 millóns”. Por iso, o plan contempla unha redución da débeda cifrada en 1,3 millóns de euros ao longo do actual mandato, é dicir, ata o 2015.
En canto ao capítulo de ingresos, o plan establece unhas previsións de mínimos, prudentes e baseadas en cálculos realizados sobre os ingresos obtidos nos exercicios de 2009, 2010 e 2011.
Outro dos obxectivos principais deste plan é o mantemento da estabilidade orzamentaria, que se pode medir segundo dous indicadores: a capacidade de financiamento e o remanente de tesourería para gastos xerais. Segundo os datos achegados no plan, tanto as contas de 2009 como as de 2010 arroxan un resultado positivo nestes dous medidores pero, aínda así, o documento establece novos axustes que permitan mellorar as posibilidades de financiamento e garantan o obxectivo da estabilidade.
A responsable de Facenda recoñeceu que o plan de axuste require esforzos pero “non nos resultará difícil de poñelo en práctica xa que levamos anos traballando para mellorar a saúde económica das arcas municipais”. González explica que en 12 anos as obrigas pendentes de pagamento a provedores pasaron de máis de 3 millóns de euros no ano 1999, a 731.000 euros no ano 2011. “Agora temos que continuar nesa liña de optimización da xestión económica que iniciamos cando chegamos ao goberno no ano 99” engade a concelleira.
Remitido























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



