Trátase dun proxecto solicitado por varias confrarías do norte de Galicia, principalmente da provincia de Lugo: Ribadeo, Foz, Burela, Celeiro e O Vicedo
A XUNTA CONFIRMA, EN RESPOSTA AO DEPUTADO POPULAR JOSE MANUEL BALSEIRO, QUE IMPULSARÁ O PLAN DE REXENERACIÓN DO OURIZO MARIÑO COA COLABORACIÓN DE CINCO CONFRARÍAS LUCENSES
O departamento autonómico explica que o obxectivo deste plan é poñer en marcha accións plurianuais para rexenerar os bancos naturais e garatir deste xeito a sustentabilidade dos mesmos, incrementar os ingresos dos profesionais e o ofrecemento de posibilidade reais de emprego ás novas xeracións
Santiago, 30 de marzo de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar confirma, a través dunha resposta escrita ao deputado popular Jose Manuel Balseiro, a súa intención de impulsar o proxecto de rexeneración do ourizo de mar (paracentrotus lividus) nas rías Altas galegas e, polo tanto, na costa norte das provincias de Lugo e da Coruña.
Segundo explica o departamento autonómico que dirixe Rosa Quintana no seu escrito oficial, o obxectivo deste plan “é poñer en marcha accións plurianuais para rexenerar os bancos naturais e garatir deste xeito a sustentabilidade dos mesmos”. A Xunta busca tamén a través deste proxecto “incrementar os ingresos dos profesionais” que que traballan na captura desta especie mariña, así como no “ofrecemento de posibilidade reais de emprego ás novas xeracións”.
CINCO CONFRARÍAS
O portavoz de Mar do Grupo Popular tiña rexistrado unha pregunta parlamentaria sobre o desenvolvemento do plan de rexeneración do ourizo do mar, despois de que diversos informes científicos manexados pola administración autonómica confirmaran as súas sospeitas. Esta situación derivábase da decisión do anterior Goberno bipartito de permitir a extracción de ourizo aos afeccionados, así como o cambio e inclusión de novas fórmulas de explotación (mergullo), que provocara un impacto negativo neste recurso e contribuíera a súa escaseza, prexudicando dun xeito evidente aos profesionais que participan nas campañas de captura do ourizo.
Na súa resposta, a Consellería de Medio Rural e Mar sinala que o proxecto vese favorecido polo interese común das confrarías e agrupacións de mariscadoras desta zona. De feito a solicitude do mesmo a efectuan varios pósitos do norte de Galicia, principalmente da provincia de Lugo: Ribadeo, Foz (Agrupación de mariscadoras de San Cosme de Barreiros), Burela, Celeiro e O Vicedo, aos que hai que sumar a confraría coruñesa de Espasante.
A administración autonómica indica tamén que o Centro de Cultivos e Investigacións Mariñas de Ribadeo (CIMA) e o minicriadeiro do Vicedo colaborarán neste proxecto. O ente autonómico adicado á investigación mariña comprométese a achegar semente e ao asesoramento científico-técnico que demandes as entidades. Ademáis, as propias asistencias técnicas das confrarías traballarán en conxunto para poder levar a cabo este proxecto.
SEIS FASES
A Consellería do Mar explica a Jose Manuel Balseiro que son seis as accións previstas no proxecto:
1º Selección dos bancos sobre os que se pretende actuar, segundo criterios de estado do recurso, accesibilidade, interese polo sector e condicións óptivas para a especie.
2º Mostraxes previas á rexeneración.
3º Obtención de semente: O CIMA de Ribadeo subministrará a semente e a súa vez as entidades colaborarán na obtención de proxenitores e na recollida de macroalgas para a alimentación dos mesmos.
4º Sementeiras: Nas zonas elixidas para a rexeneración sementarase seguindo unha metodoloxía común a todas as zonas.
5º Fase de seguimento: farase a través de mostraxes semestrais para a monitorización da evoluciónn das poboacións, seguindo o protocolo de mostraxe establecido.
6º Instalación dunha estrutura de preengorde: De acordo coa evolución esperada na produción de semente e como continuación do proxecto incial, prevese a instalación dunha plataforma flotante de preengorde como etapa intermedia entre a produción de semente no criadeiro e a sementeira no medio natural. Isto favorecerá a adaptación da semente ao medio mariño e a súa viabilidade.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



