Nota de prensa
O PP DE A PONTENOVA DENUNCIA O PRESUNTO TRATO DE FAVOR NOS PRAZOS DE CONCESIÓN DE LICENCIAS DE OBRAS.
O Partido Popular de A Pontenova quere denunciar o presunto trato de favor que reciben as solicitudes de determinadas licencias de obras. Así, segundo pode constatar o concelleiro do Partido Popular de A Pontenova Francisco Lombardero, algunhas licencias de obras se tramitan no prazo dun mes mentres outras tardan incluso máis dun ano en ser tramitadas.
O PP de A Pontenova non atopa outra explicación lóxica a este feito que non sexa a de que o goberno do socialista Darío Campos non trata, presuntamente, igual a todos os veciños de A Pontenova, senon que “intenta favorecer” aos que considera os seus “amigos políticos”, sen importarlle os prexuizos que poden causar a outras empresas e particulares, que supón que non son afíns ao seu partido, estes retrasos inxustificados.
Con este feito, unha vez máis o PP de A Pontenova quere deixar constancia que este tipo de actuacións non veñen mais que a poñer de manifesto a falta de transparencia e o “amiguismo” que impera na forma de gobernar do PSOE pontenovés.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



