Nota de prensa
O PP mindoniense recorda que a Ordenanza Reguladora da Inspección Técnica de Edificios está en fase de alegacións
O PP local presentara alegacións á proposta do goberno local e pedirá que o custo das inspeccións sexa a cargo do Concello
O Grupo Popular tamén lle solicitará á administración local que elabore un Padrón de Edificios suxeitos a inspección para facilitar así o cumprimento do deber de conservación
Sen desvirtuar o deber de conservación, Candia critica que o bipartito castigue aos mindonienses durante un contexto de crise económica
Mondoñedo, 14 de marzo do 2012.- O Partido Popular de Mondoñedo recorda que a Ordenanza Reguladora da Inspeccións Técnica de Edificios, cuxa aprobación inicial aparece recollida no BOP do 16 de febreiro, continúa en prazo de alegacións. Tendo en conta isto, o Grupo Popular presentará ante o goberno local un prego de alegacións co que prevé mellorar os artigos regulados na sentenza e intentar así que se castigue o mínimo posible as economías dos mindonienses. Algo, que segundo explica a portavoz local, Elena Candia, “parece non importarlle ao bipartito, que se esqueceu ata agora do deber de conservación”.
Sen desvirtuar o deber de conservación que o Grupo Popular defende e sendo conscientes ademais da importancia de darlle un impulso pola necesidade de protexer e garantir a seguridade dos mindonienses, a portavoz Elena Candia fai fincapé na necesidade de pensar na situación económica pola que está a pasar a localidade e pide que esta regulación non sexa gravosa para os veciños. Ante esta situación, o PP local pídelle ao goberno local que o custo derivado da obtención do informe sexa sufragado ou ben polo Concello ou ben sexan os servizos técnicos do órgano municipal os que se encarguen da inspección das edificacións.
O PP local leva a cabo esta proposta xa que segundo explica a portavoz local, “é absolutamente desaxeitado plantexar este tipo de iniciativas neste momento”. Candia fai estas declaracións tendo en conta que o bipartito “ata agora nunca se preocupara polo deber de conservación”, explica a portavoz local, “e é agora cando pretenden levar a cabo estas iniciativas gravosas para os veciños, nun contexto de dificultades económicas”.
Así mesmo, para dotar ao municipio dos instrumentos precisos para cumprir coa obriga de velar pola correcta conservación de edificación, Candia solicita a inclusión dun novo artigo na ordenanza no que se require a elaboración dun Padrón de Edificios suxeitos a inspección. Este Padrón, que facilitará o desenvolvemento do traballo, deberá contar con data de remate, poderase pór en exposición pública durante un prazo non superior aos 30 días, e notificarase ademais tanto po correo certificado aos afectados, como nos boletíns oficiais e xornais de maior difusión.
A portavoz local tamén pide unha maior concreción no caso de existir un informe desfavorable trala inspección fixando un prazo para a execución das melloras. Neste apartado, o PP local solicita a inclusión dun novo artigo que ampare aos veciños e no que, no caso de considerar que as obras exceden do límite do deber de conservación do Concello, o dono do inmoble pode solicitar subvencións ou optar pola declaración de estado ruinoso do edificio.
O Partido Popular intentará consensuar estas propostas co goberno local antes de proceder ao seu rexistro.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



