Nota de prensa
O PP DE RIBADEO DENUNCIA QUE O CONCELLO DARÁ DE BAIXA DÉBEDAS A PROVEEDORES E UNHA ABSOLUTA FALLA DE INFORMACIÓN POR PARTE DO GOBERNO CARA Á CIDADANÍA E ÁS EMPRESAS
A actuación do Goberno Municipal do BNG con respecto ó pago das súas débedas está sendo digna dunha “república bananera” en lugar de propia duns xestores responsables para cos veciños e cos autónomos ou empresas ás que lles adebedan facturas.
No BOP de onte atopabamonos co “summum” do descaro por parte do goberno que publica a “exposición pública do expediente de depuración contable por prescripción”. É dicir, anuncia que vai “limpar” a contabilidade municipal eliminando algunhas facturas anteriores a 2.007 xa que están prescritas. De seguro que ten algunha relación con todo esto o feito de que este expediente é requisito para que as facturas prescritas que non se pensen aboar non se inclúan na relación de pagos pendentes que se envía ó Ministerio.
O Partido Popular considera “indignante”,
Que nos tempos duros que están atravesando as empresas e autónomos se decida non pagarlles débedas que o Concello ten contraídas con eles fai máis de catro anos;
Que o goberno decida o 31 de decembro que vai iniciar un expediente para eliminar da contabilidade algunhas débedas prescritas e o faga público tres meses despois;
Que non se comunique ós interesados de forma individual que non van cobrar as súas facturas, senón que se faga anunciándoo nun boletín;
Que sexan os propios interesados os que deban dirixirse ó concello para coñecer a situación das débedas que éste mantén con eles e si se atopan entre as que se comunican ó Ministerio e, polo tanto, se pagarán, ou entre as “depuradas” e, polo tanto, non se pagarán;
Que desde o ano 2.003 ó ano 2.007 o BNG formaba parte do goberno municipal bipartito polo que pode darse o caso de que eles decidan non pagar servizos que eles ou os seus socios de goberno contrataron, ou que o criterio para dalas de baixa sexa si son súas ou de outros;
Que tendo un gabinete de prensa que pagamos tódolos ribadenses non se emita un comunicado por parte do goberno municipal no que deixe clara a situación das debedas cos proveedores que asisten atónitos a unha marea de informacións sobre facturas que van ó Ministerio e facturas que prescriben sin saber a qué carta quedarse;
Que, unha vez máis, a páxina web do concello se utilice para mayor gloria do goberno municipal e non para informar de cuestións vitales para os veciños e empresas como sería qué facturas se decidiu en Decembro que se borrarán da contabilidade;
Na mañá de hoxe o Grupo Popular solicitou copia do expediente dado que a este grupo tampouco lle foi comunicada a intención de non pagar o que se lle debe a algúns autónomos e empresas nin se deu conta do mesmo en comisión ou en pleno, enterándonos, coma todos, polo BOP. Descoñecemos, polo tanto, o importe da débeda que o goberno vai borrar de un plumazo das obrigas de pago, a natureza das débedas, as empresas ás que se lles nega o dereito de esixir o pago das súas facturas, o criterio seguido para a expurga das obrigacións de pago, etc
En definitiva, que o Grupo Popular quere facer pública unha chamada de atención a todos aqueles que teñan facturas pendentes de cobro no Concello de Ribadeo para que comproben cal é a situación desas débedas.
Tamén queremos amosarlle publicamente ó equipo de goberno o noso máis enérxico rexeitamento á súa actuación pois, independentemente de que o dereito os asista para non pagar o que deben fai máis de catro anos por prescripción, consideramos que negándolle ás empresas o dereito de cobrar o que lles pertence non lles van axudar, máis ben ó contrario, a remontar esta difícil situación pola que están a pasar.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



