Nota de prensa
PROPOSICIÓN NON DE LEI DO PARTIDO POPULAR
A iniciativa parlamentaria da que é autor o portavoz do Mar do Grupo Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro será obxecto de debate e votación mañá na Cámara galega
O PP pedirá que se reparta o peixe e marisco requisado en operativos contra o furtivismo e procedente dos descartes pesqueiros entre asociacións solidarias e comedores sociais
O aproveitamento destes alimentos -en perfecto estado para o seu consumo- pode axudar a moitas familias necesitadas nestes tempo de crise á vez que permitirá colaborar con estas entidades benéficas.
Jose Manuel Balseiro espera que socialistas e nacionalistas voten favorablemente a esta proposición non de lei do PP e sumen o seu apoio a unha iniciativa práctica, construtiva e sensible á realidade actual.
Ata o momento o peixe e marisco comisado polos Gardacostas e Forzas de Seguridade era repartido case en exclusiva entre entidades benéficas dos concellos do litoral, a iniciativa pide xeneralizar esta distribución ao conxunto da comunidade.
A proposta insta á negociar coa Unión Europea a articulación dun novo sistema de reparto das capturas que sobrepasan a cota legal -descartes- no canto de devolvelos ao mar como se está a facer agora.
Iniciativa parlamentaria:
http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/rexistro.aspx?numRexi=0876714T