Nota de prensa
Coa mirada posta en nunha data tan significativa na loita pola igualdade como é o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o PSdG-PSOE de Foz quere solidarizarse con tódalas mulleres na loita pola igualdade.
O 8 de marzo sempre foi una data para conmemorar avances nos dereitos das mulleres, leis e plans aprobados polo Goberno Socialista como a la Lei contra la Violencia de Xénero, a Lei de Igualdade, a Lei de Saúde Sexual, Reproductiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo, a modificación do Código Civil en materia de Separación e Divorcio, demostran que existía un avance real na loita pola igualdade de xénero.
Pero este año por primeira vez desde fai moitos, temos que falar de retrocesos na igualdade das mulleres, máxime cando se escoita por boca de un ministro que “a incorporación das mulleres ao mundo laboral incide negativamente nas familias”, polo que, se fai más necesario que nunca manternos firmes na defensa dos dereitos adquiridos tras anos e anos de loita de millóns de mulleres, dereitos que se poden ver conculcados ante as últimas medidas adoptadas polos Gobernos do PP, tanto a niveis autonómicos como centrais, a reducción de presupostos destinados á igualdade; o desmantelamento de institutos da muller, a eliminación de axudas para os centros de orientación, asesorías xurídicas, casas de acollida para mulleres víctimas de violencia de xénero son xa unha realidade; e outras medidas como a modificación de leis como a de saúde sexual e reproductiva, o uso da píldora do día despois, o recorte de leis como a de Dependencia, onde son xeralmente, as mulleres as que levan todo o peso de atender a un dependente, deixan entrever que nos poderíamos atopar ante un retroceso de décadas en cuanto a dereitos e servicios encamiñados á loita contra a desigualdade; a recentemente aprobada, reforma laboral, tamén implica un recorte nos dereitos das mulleres traballadoras o non garantir de maneira efectiva o dereito á conciliación da vida persoal e laboral, por exemplo, nos períodos de lactancia polos fillos recen nacidos.
Pese a una igualdade ante a lei, moitas veces é difícil acceder a igualdade real si as formas de pensamento da sociedade non cambian, esa é a labor mais complicada, solo cunha verdadeira corresponsabilidade entre homes e mulleres se equilibrarán realmente as oportunidades para elas, si non se logra que todos os homes se conciencien e compartan as responsabilidades familiares, as mulleres seguiran estando en clara desvantaxe; polo que consideramos que se deben destinar tódolos recursos dispoñibles para, xa dende a escola, fomentar a coeducación para a igualdade, pero unha vez mais a chegada da dereita implica un retroceso neste tema coa supresión da Educación para a Cidadanía, único espacio curricular en todo o sistema educativo onde era obrigatorio o tratamento da igualdade entre mulleres e homes.
Sen esquecer, por suposto, o importante papel que teñen que xogar os pais e as nais ensinando, aos seus fillos ou fillas, que todos os seres humanos teñen que ser tratados do mesmo modo e que a igualdade depende de cada un de nos.
Dende a Agrupación Socialista de Foz, queremos instar aos poderes públicos a detectar situacións de desigualdade e inxustiza social e, consecuentemente, desenrolar leis, programas e accións, para mellorar as condiciones de vida das mulleres e conseguir a plena igualdade de dereitos en tódolos ámbitos de la vida pública y privada, tendo plena participación en igualdade de condicións na vida política, civil, económica, social e cultural do pais.
Que o Día Internacional da Muller, non se quede nun solo día, que sexa un punto de converxencia de políticas e iniciativas positivas e progresistas, en favor dos dereitos da muller en igualdade co home; nesa loita pola igualdade debémonos manter cada día, todos e cada un dos homes e mulleres, non permitindo un paso atrás nos dereitos adquiridos o longo dos anos, co fin de garantir de maneira efectiva o dereito á conciliación, á igualdade no emprego, á igualdade na incorporación a postos de responsabilidade, á igualdade salarial, tal e como establece la lei de igualdade.
Por último, facer unha lembranza, a todas esas mulleres e nenas que viven en países onde os dereitos das mesmas son invisibles e supoñen unha situación alarmante de desigualdade social polo mero feito de ser do xénero feminino.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



