Nota de prensa
O XERENTE DE IGAPE NOVA E O RESPONSABLE DE MAMUT TECNOLOGY INTERVIRÁN NA XORNADA SOBRE EMPRENDEMENTO QUE SE CELEBRARÁ O LUNS EN FOZ
A inscrición nesta actividade que se desenvolverá na tarde do día 26 no Cenima da localidade focense pode formalizase de xeito gratuíto ata mañá venres a través de AJE Lugo ou da Delegación Territorial de Lugo
Lugo, 22 de marzo de 2012.- O xerente de Igape Nova, Guillermo Viña, será un dos poñentes da xornada sobre emprendemento empresarial e as medidas de estímulo económico que recolle o programa Impulsa Lugo que se desenvolverá o próximo luns día 26 (19.00 horas) nas instalacións do Cenima, no municipio de Foz.
Viña, xunto con representantes do Centro Europeo de Empresas e Innovación (BIC Galicia), abordará, entre outros temas, as medidas e actuacións en marcha para fomentar a creación e a consolidación de empresas.
Viña, que se encarga na actualidade da área de Competitividade de Igape Nova, dende a que se levan a cabo actuacións para fomentar o espírito emprendedor na nosa comunidade, é especialista no ámbito económico e en actuación financieiras.
Así mesmo, na xornada tamén intervirá como poñente Nilo Abad, copropietario da empresa Mamut Tecnology. Dende esta entidade, creada no ano 2010, Abad desenvolve produtos innovadores de gran valor engadido que cubran necesidades do mercado da maquinaria agrícola e forestal. Pola labor levada a cabo nos apenas dous anos de existencia, Mamut Tecnology obtivo a cualificación IEBT (como empresa de base tecnolóxica), así como varias distincións promovidas por asociacións de empresarios e entidades financieiras.
Mamut Tecnology, que pon a disposición dos seus clientes o seu departamento de enxeñaría e I+D+I para desenvolver produtos que non existen no mercado e posteriormente fabricalos para a súa comercialización, leva xa as súas ventas a Italia, ademais de a todo o territorio español.
Esta xornada sobre emprendemento e promoción empresarial ao abeiro do Impulsa Lugo, organizada pola Delegación Territorial da Xunta en Lugo e pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE Lugo), está orientada á participación de emprendedores e especialistas relacionados co ámbito do fomento empresarial.
Os interesados en asistir á xornada poden formalizar a súa inscrición ata mañá venres día 23, a través de AJE Lugo, no número de teléfono 982.224.699 ou no correo electrónico info@ajelugo.es, ou na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, a través dos números de teléfono 982.289.079, 982.294.296 e 982.294.066.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



