Nos zapatos da muller Orquestra.
Accións, reflexións e rol da muller nos camiños da historia.
AS OUTRAS REDES
Obradoiro complemento da mostra A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 4.0, e dentro dos actos coordinados por Encarna Lago Xerente da Rede Museística e organizados pola Vicepresidencia Primeira a través das Áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, con motivo do Día da Muller Traballadora.
Museo Provincial do Mar, San Cibrao (Cervo-Lugo). As mulleres do mar: as outras redes (30 de marzo, de 18:00 a 20:00 h.).
A Muller dentro dun mar-co líquido e a necesidade de capturar a vida a través do vínculo co mar representado por as redes tecidas por elas mesmas:
As Penélopes do mar.
A vida da Muller do mar que se adapta ao medio ata onde se lle “foi” permitido, é un condicionante dentro do propio desenvolvemento persoal do que se pode sacar partido dun xeito esencial, non como circunstancia restrictiva se non como todo o contrario: trampolín definido dende o que saltar e mergullarse na propia marea de aspectos femininos, arquetipos e potencial creativo da propia condición de Muller do mar.
Os aspectos máis profundos da esencia feminina pódense expresar a través das ferramentas do pensamento creativo e aplicalas á importancia dunha vida definida por unha profesión, neste caso a de REDEIRAS.
– A importancia, valoración e autovaloración da profesión de redeiras.
– A viaxe á profundidade da alma nun acto de laboura contemplativa.
– A vontade de remendar, arranxar, coidar, lustrar e tecer unha “Arte”.
– A relación dos arquetipos femininos e o mar.
Ana Costas, Arterapeuta y Artista plástica.
AS OUTRAS REDES
Módulo I
• Reflexións sobre o recoñecemento social da figura da muller.
MóduloII
• Obradoiro en Acción: Obradoiro de Creatividade aplicada a profesiones de mulleres do mar, habilidade manual adquirida e a súa aplicación en outras posibilidades creativas.