Nota de prensa
Actos que, dentro do programa dos Sábados Culturais en Alfoz, están previstos para este mes de marzo. Algún deles faise en colaboración co veciño concello do Valadouro.
– Sábado, 3, 20 horas: Actuación do Grupo de Teatro da Confraría “Cristo Xacente e Virxe das Dores” de Alfoz e O Valadouro, que representarán a obra “Ladronzuelos no belén”.
– Sábado, 10, 19 horas. No Salón de Actos da Casa da Cultura do Valadouro, acto de homenaxe ás mulleres, co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora. O acto estará organizado conxuntamente polas Delegacións de Cultura dos concellos de Alfoz e O Valadouro e contará coa participación dun bo número de mulleres. Seguirá o formato de coloquio, acompañado dalgunhas actuacións. O acto será retransmitido en directo pola Radio Valadouro, e contará coa participación de mulleres do ensino, da política, relixiosas, universitarias, de asociacións vinculadas ó mundo da muller, psicólogas, empresarias, policías, etc.
– Sábado, 17, 20 horas: No Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, proxección do primeiro derbi de fútbol do noso Val gravado en vídeo, o partido Valadouro-Alfoz, que se celebrou no pasado mes de febreiro no campo de O Árbol de Ferreira. Os comentarios correrán a cargo de Xabier Pardiñas, Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” e Sabela Quirós; as cámaras serán manexadas por Matías Nicieza e Pepe Peinó e a produción correrá a cargo da Radio Valadouro, en colaboración co IES Alfoz-Valadouro.
– Sábado, 24, 20 horas: Concerto musical a cargo de alumnos de varias Escolas de Música da Mariña Lucense, dirixidos por Xan Carballal. Os participantes, así como as pezas a interpretar, aínda están por decidir.
– Sábado, 31, 20 horas: Teatro. A cargo da Asociación Xuvenil “Xoldra” de Mondoñedo a representación da obra titulada “A familia de Merlín e a xente daquí”. Trátase de sente nova que xa fixo esta obra nestes meses pasados en Mondoñedo.