A CASA DO MAR ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO LIBRO DE AURORA MARCO MULLERES NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA. SERÁ O XOVES, 15 DE MARZO, ÁS 20 HORAS.
Ribadeo, 12 de marzo de 2012. O vindeiro xoves, 15 de marzo, ás 20 horas no salón de actos da Casa do Mar presentárase o último libro de Aurora Marco Mulleres na guerrilla antifranquista galega.
Segundo informan desde o Centro de Información ás Mulleres “este libro fora a nosa recomendación literaria para o mes de xaneiro, e agora temos a oportunidade de asistir á presentación do libro e conversar coa autora do mesmo. Mulleres na guerrilla antifranquista galega, é o retrato máis completo das que combateron a ditadura no monte ou apoiaron o refuxio, víveres ou armas aos clandestinos. Publicouse a finais do 2011 pola catedrática de didáctica da linguaxe e literatura galega Aurora Marco, que ao longo de cinco anos estivo seguindo o rastro de 200 guerrilleiras galegas en arquivos, rexistros civís e casas particulares. Moitas delas faleceran, a outras se lles perdera a pista por completo e nos partes de guerra nin siquera aparece co seu nome completo e non era raro que a información biográfica de rigor se lle engaderan notas como a querida de ou a amancebada con”.
Desde o CIM engaden que “coa represión, que se xeneralizou coa vitoria dos sublevados en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas, recluídas en campos de concentración; tiveron que partir cara o exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron un exilio interior. A súa é a crónica das silenciadas, porque foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectadas ao novo réxime e pola súa condición feminina”.
No acto do vindeiro xoves haberá unha actuación musical de Pilo Sierra, proxectándose a seguir o documental As silenciadas, de Pablo Ces, que acaba de ser galardoado co premio Memòria i Justícia Universal no III Festival Internacional de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramanet. Desde o CIM explican que “As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andiveron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e compre coñecelo”.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



