San Martiño: austeridade e oración
* A Semana Santa é a de mais intensa litúrxia de todo o ano e tamén a de maior calado popular, fonte inesgotable de tradicións. Comemora a morte e resurrrección de Xesús de Nazaret, confesión nuclear da fe cristiá. Dende unha perspectiva liberadora non se centra só na morte e resurrección de Xesús, senon na dor de persoas e pobos crucificados, coa esperanza de que sexan descendidos das súas cruces e levantados na xustiza n reino de Deus, que é resurrección, verdade e vida. A Semana Santa non é igual en tódalas igrexas católicas. Configurouse ó longo dos séculos de varios modos , segundo diversas experiencias relixiosas, ritos populares, expresións iconográficas e gastronómicas.
A Semana Santa perdeo na nosa sociedade boa parte do feitizo relixioso popular, coas súas contradicións e ambigüidades que tivo ata hai poucas décadas. Antes do Vaticano II, os sacerdotes cubrían neses días as imaxes dos templos con velos morados, a feligresía asistía ós oficios litúrxicos matutinos, os cofrades e penitentes tomaban parte activa nas procesións, un grupo numeroso de fieis acudían en determinados lugares ás representacións da paixón, a xente piadosa visitaba o xoves santo os monumentos de igrexas e parroquias, as familias comían o venres santo potaxe de bacallao, os cines poñían películas relixiosas, as radios emitían música sacra e damas vestían mantilla negra e peineta.
En grande medida a Semana Santa convertiuse para muitos en vacacións de primavera. A presencia de católicos nos actos é desigual. Hai muitos que contemplan as procesións e as representacións da paixón, sobre todo en lugares con tradicións religiosas arraigadas.Tal é o caso de San Martiño que, afastado das corrientes do turismo en boga, conserva o seu carácter tradicional, íntimo e austero; lugar idóneo para a meditación, o seu entorno favorece a actitude de recollemento e oración propios das xornadas de fondo sentido relixioso, Os valores históricos e culturais, o testemuño de fe de tantas xeracións e o envolvente artístico-relixioso. Este singular ambiente no que o devoto se mergulla fai que a sensibilidade eleve o espíritu e viva con maior intensidade as xornadas de tan fondo significado nas celebracións da Morte e Resurrección de Xesucristo, pedra angular da crencia cristiá.
Suso Fernández
* Confrade de Honra do Desencravo de San Martiño




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



