Nota de prensa
O conselleiro de Cultura e Educación estará presente na XXI Festa do Ourizo de San Ciprían
-A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias abrirá as Xornadas Técnicas e o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez encargarase da clausura
-O Concello e os 13 locais hostaleiros participantes traballan nos últimos preparativos
Cervo, 8 de marzo de 2012.-O Concello de Cervo anunciou hoxe que o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, estarán presentes na XXI Festa do Ourizo que se celebra este sábado día 10 en San Ciprián. A delegada será a encargada da apertura das XII Xornadas Técnicas mentres o conselleiro clausurará este encontro especializado na produción e rexeneración do ourizo.
Unhas xornadas que contarán con dous relatores con ampla experiencia e coñecementos no eido mariño. O primeiro en intervir será o biólogo viveirense Vicente Prieto González, xefe de coordinación da área do Mar da Xunta de Galicia, que exporá a evolución do plan de rexeneración do ourizo na Mariña lucense. As xornadas continuarán da man do doutor en Bioloxía Antonio Rodríguez Fernández, subdirector xeral de Pesca e Mercados da Pesca da mesma administración autonómica, que falará da valorización do ourizo como produto de pesca.
Confirmadas as autoridades que acudirán a esta cita gastronómica de Interese Turístico Galego, só quedan os últimos detalles para a súa celebración. O Concello está preparando a vila para a acollida de centos de visitantes e turistas xa que, “además de dar a conocer el erizo como producto culinario típico de la Mariña, y de dinamizar el sector hostelero, hay que aprovechar la capacidad de atracción de esta fiesta para potenciar el municipio como destino turístico” explica a edil de Turismo, Begoña Alonso. Ao mesmo tempo o alcalde, Alfonso Villares asegura que “é unha satisfacción para nós seguir sumando anos a esta festa que se converteu nunha cita ineludible do mes de marzo”, un día no que San Ciprián se converte “nun festival para os sentidos, especialmente para o olfacto, con ese olor a mar que invade cada recuncho da vila, ou o gusto, cos infinitos sabores que ofrecen os distintos pratos”.
Os 13 bares e restaurantes que cociñarán preto de 6.000 quilos de ourizo capturado no Cantábrico tamén levan días inmersos na preparación da festa para que o próximo 10 de marzo todas as persoas que se acheguen a esta vila cervense poidan degustar este produto. Os locais ofrecerán un menú con distintos pratos nos que o ingrediente estrela será o ourizo, que poderán ser innovadores, tradicionais ou a especialidade da casa.
Ademais, todos os establecementos que participan no XI Concurso Gastronómico están pendentes dos últimos detalles e co obxectivo de ser os gañadores desta edición. O xurado encargado de valorar as receitas, (cada local pode presentar un máximo de dúas), estará formado por entre 3 e 5 persoas elixidas entre os asistentes ás Xornadas Técnicas. Este xurado degustará e puntuará os pratos, valorando sobre todo a súa presentación pero tamén a dificultade na elaboración, o tempo de preparación, o sabor, a orixinalidade e a innovación.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



