“Mondoñedo unido” mostrará o seu apoio á instalación de industrias na localidade
A maior parte das asociacións culturais, veciñais e deportivas de Mondoñedo agrupadas na plataforma “Mondoñedo unido” teñen preparadas varias actividades para as vindeiras datas para dar a coñecer o seu total apoio á instalación de industrias en Mondoñedo.
Logo de reunirse as asociacións decidiron instalar unhas mesas de recollida de sinaturas de apoio á instalación de fábricas o domingo e o martes de “As Quendas” situadas na Praza do Concello e na Alameda dos Remedios. Tamén se colocarán pancartas e carteis en lugares visibles e se lerá un manifesto no nome do pobo de Mondoñedo o domingo 29 de abril, ás dúas do media na Alameda dos Remedios.
Este martes ao mediodía está convocada unha nova reunión para ultimar detalles. Desde a plataforma “Mondoñedo unido”, que conta cunha páxina homónima en facebook, recórdase que están abertos a integrar a todas as asociacións e particulares que desexen colaborar nesta iniciativa.