A CONCELLARÍA DE IGUALDADE FAI UN BALANCE POSITIVO DAS QUINTAS XORNADAS FORMATIVAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO QUE SE CELEBRARON A PASADA FIN DE SEMANA EN RIBADEO. A MAIORÍA DOS/AS ASISTENTES PERTENCEN AOS ÁMBITOS SANITARIO E EDUCATIVO.
Ribadeo, 24 de abril de 2012. A Concellaría de Igualdade e o CIM fan unha valoración positiva das quintas xornadas formativas de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local, que se celebrou os días 20 e 21 de abril e que este ano tiveron como obxecto central de debate e reflexión a violencia simbólica.
Medio centenar de profesionais participaron ao longo da pasada fin de semana nas xornadas. O 37% pertencían ao ámbito sanitario, o 31% ao ámbito educativo, o 16% ao ámbito da psicoloxía, pedagoxia, socioloxía…, ao ámbito xurídico un 10% e un 1% respectivamente ao ámbito dos corpos policiais, do persoal dos medios de comunicación e do estudantado.
Desde o CIM explican que “nestas xornadas falamos desas violencias invisibles que tamén son violencia de xénero. Francisca Fernández, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, disertou sobre o acoso sexual e o acoso por razón de xénero como dúas formas de violencia de xénero. Unha violencia multidimensional e a veces difícil de visibilizar e de percibir incluso nas persoas que a sofren. Exemplificaba cómo o mero feito de ter que estar nun local de traballo e a presenza de carteis pornográficos, pode ser un caso de acoso sexual para a traballadora que ten que convivir con ese tipo de ilustracións que lle incomodan e que ela non pegou. Esta profesora tamén falou cómo existía gran número de casos de acoso sexual non só realizados polo xefe ou superior xerárquico, senón polos propios compañeiros e inclusive polos subordinados”. E engaden que “o venres rematamos a xornada con Carlos Lomas, catedrático de lingua e literatura, ensaista e investigador, que nos falou das novas masculinidades alternativas ao modelo tradicional e patriarcal e do efecto nocivo da publicidade en canto aos roles e estereotipos utilizados. Unha muller cambiante que logra acceder ao mundo laboral, que pode ter ou non aficcións tradicionalmente masculinas rachando cos roles asinados ás mulleres tradicionalmente fronte a uns homes que non consiguen cambiar e mudar o seu modelo de masculinidade. Nin vítimas nin verdugos outra sociedade é posible, así titulou Lomas a súa ponencia”.
No resumo das xornadas sobre abordaxe integral da violencia de xénero desde o CIM indican que “o sábado comenzamos coa filóloga e profesora na Universidade da Coruña, Goretti Sanmartin. Ela subliñou na súa exposición cómo existía un símil claro entra a falta de vontade do uso do galego e o uso dunha linguaxe non sexista. Sanmartin tamén recalcou cómo a cuestión tan utilizada nos últimos tempos respecto á liberdade individual no uso dos idiomas non é máis que comodidade por parte das persoas que se negan e resisten a cambiar ou a modificar os seus comportamentos, neste caso empregando un uso correcto da linguaxe, inclusivo, onde as mulleres e os homes aparezan en igualdade de condicións. E despois, Ianire Estebanez, unha psicológa especilizada na mocidade e ciberactivista, comentou os usos que fan os mozos das redes sociais e dos perigos que supoñen, tanto polo risco de sufrir acoso sexual como polo control que exercen as parellas sobre os contidos publicados. Xa pola tarde Manuel Lopo falounos dos riscos para a saúde que ten ser muller maltratada. Rosa Cobo por motivos persoais de última hora non puido estar con nós, pero quédanos pendente outra cita con ela para poder escoitar as súas sempre interesantes e lúcidas opinión”.
As quintas xornadas formativas organizadas polo Concello de Ribadeo remataron coa proxección da curta galardoada na III edición do concurso de guións cinematográficos, Os tempos cambian, e as persoas tamén.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM dan as grazas a todas as persoas que asistiron a estas xornadas e ás relatoras e relatores “por compartir con nós as vosas experiencias e coñecementos”.
Remitido























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



