A CIG celebrará un acto na Mariña en recoñecemento aos afiliados e afiliadas que leven 25 ou máis anos na central sindical
Pretende ser unha homenaxe á súa aportación ao proxecto colectivo que representa a central sindical
Ao longo desta semana celebraranse actos en todas as comarcas para facer un recoñecemento a aqueles afiliados e afiliadas que veñen, desde hai máis de 25 anos, amosando o seu compromiso coa central sindical. Con esta homenaxe a CIG quere amosar o seu agradecemento á entrega destas compañeiras e compañeiros ao proxecto sindical que a CIG representa.
A CIG considera que o seu compromiso foi e segue a ser fundamental para que, ao longo deste anos a mesma se puidera consolidar como central sindical representativa cunha importante implantación en todo o país e en todos os sectores produtivos, acadando o amplo respaldo social que hoxe ten.
Nos distintos actos alén de facer o recoñecemento individual que simbolicamente se materializará cun obsequio a CIG pretende transmitir a mensaxe de que o que hoxe representa é froito do esforzo colectivo de moitas persoas, especialmente de todas aquelas que levan tantos anos de compromiso co proxecto sindical.
Durante estes actos proxectarase un vídeo recordatorio das folgas xerais celebradas en Galiza nos últimos 30 anos e haberá intervencións dos secretarios comarcais.
Na Mariña esté acto terá lugar mañá, mercores 25, as 18:30h no salón de actos de ABSA na lonxa de Burela, coincidindo co acto de clausura dunha xornada sobre a “actuación dos delegados/as de prevención” que a CIG celebrará nese lugar e na que participarán delegados e delegadas da central nacionalista na comarca.
Remitido






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



